Las abogadas (orixinalmente coñecida como Flores de hierro) é unha serie de televisión española de drama histórico creada por Patricia Ferreira. Está coproducida por RTVE e MOD Producións e protagonizada por Paula Usero, Elisabet Casanovas, Irene Escolar e Almudena Pascual. A serie é o traballo final e obra póstuma de Ferreira, quen morreu o 27 de decembro de 2023 por mor dun tumor cerebral.
A serie estreouse mundialmente no FesTVal o 4 de setembro de 2024. Aínda que orixinalmente estaba previsto que se estrease en La 1 o 18 de setembro de 2024, finalmente a estrea foi o 25 de setembro de 2024.
Trama Madrid, 1969. Lola González (Paula Usero), recentemente saída da Facultade de Dereito, vive con ilusión unha época nova na que comeza a albiscarse o final da ditadura. Cando o seu noivo, Enrique Ruano (Álvaro Rico), é detido pola policía e morre durante un interrogatorio ao precipitarse desde un sétimo piso en estrañas circunstancias, Lola esperta á realidade que lle rodea e reafírmase nas súas conviccións. Nese camiño cara á liberdade, Lola coñecerá a outras novas avogadas laboralistas: Cristina Almeida (Elisabet Casanovas), Manuela Carmena (Irene Escolar) e Paca Sauquillo (Almudena Pascual). Xunto a elas, defenderá con valentía os seus ideais democráticos, sempre ao lado dos máis desfavorecidos.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2024 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1970 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1960