Diane Rosemary Elson, nada en Bedworth o 20 de abril de 1946, é unha economista británica, socióloga e investigadora social sobre xénero e desenvolvemento.
Traxectoria Elson graduouse en filosofía, política e economía en St Hilda's College (Oxford), e obtivo o seu doutoramento en economía na Universidade de Manchester en 1994. É profesora emérita de socioloxía na Universidade de Essex e profesora de estudos de desenvolvemento na Universidade de Mánchester.
Elson é recoñecida polo seu traballo sobre desenvolvemento e dereitos humanos. As súas liñas de investigación céntranse no cambio social global e a realización dos dereitos humanos, con especial interese na desigualdade de xénero e dereitos económicos e sociais.
Foi consultora do Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM) durante o período 1998-2000, á vez que pertenceu ao Grupo de Traballo das Nacións Unidas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Desenvolveu diversas metodoloxías para a incorporación da perspectiva de xénero nos orzamentos, así como máis adiante nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS).
É autora dos libros Male Bias in the Development Process, e Budgeting for Women's Rights: Monitoring Government Budgets for Compliance with CEDAW (Concepts and Tools), do artigo Los retos de la globalización y los intentos locales de crear presupuestos gubernamentales equitativos e de moitas outras publicacións .
En 2016 gañou o premio Leontief xunto con Amit Bhaduri.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Economía feminista
Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Nados en 1946 Categoría:Sociólogos do Reino Unido