Elisha Youngs Ten Eyck, nado en 1835 ou o 27 de abril de 1843 e finado o 20 de decembro de 1894 foi un numismático estadounidense.

Traxectoria Ten Eyck naceu no seo dunha familia orixinaria dos Países Baixos, fillo de Eliza Ann Youngs (finada en 1879) e de Visscher Ten Eyck (1809-1886). Algunhas fontes achegan 1835 como ano do seu nacemento e outras apuntan ao 27 de abril de 1843.Smith, P. (2025).

A súa carreira profesional estivo relacionada co ámbito empresarial. Foi presidente da Compañía de Ferrocarril Greenwood e Coney Island, de Nova York.

Paralelamente ao seu labor profesional, Ten Eyck foi un reputado numismático e estivo moi vinculado á American Numismatic Society, á que pertenceu desde os primeiros anos da súa formación. Nesta entidade, exerceu o cargo de tesoureiro do 29 de marzo ao 9 de maio de 1867, cando foi elixido presidente en substitución de Frank H. Norton,"Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org). que se vira obrigado a dimitir logo dunha disputa sobre a publicación do xornal da Sociedade, o American Journal of Numismatics, de cuxo comité de publicacións tamén formou parte.Adelson, Howard A. (1958). Páxinas 52, 58-61, 348, 353.

Vida persoal Estivo casado con Elizabeth A. Ten Eyck (1835-1894),"Elizabeth A. Ten Eyck". Findagrave.com con quen tivo unha filla, chamada Florence.

Elisha Youngs Van Eyck finou o 20 de decembro de 1894, aos 51 anos, e foi soterrado no cemiterio rural de Albany, Nova York.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Smith, P. (2025). "Ten Eyck, Elisha Y(oungs)". En American Numismatic Biographies. Páxina 420.

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Personalidades sen imaxes