A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranguen unha superficie de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.

A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre o linde das provincias de León e Zamora.

Xeografía Sita na Meseta Norte, a provincia caracterízase polo seu terreo chairo, con elevacións de escasa importancia, O seu clima é de tipo mediterráneo continentalizado, con invernos secos e fríos, e veranos calorosos. O nivel das precipitacións é de tipo mediterráneo.

A rede hidrográfica está dominada polo río Douro e os seus afluentes.

Comarcas de Valladolid

Na provincia de Valladolid existen 8 comarcas históricas:

Tierra de Campos Páramos del Esgueva Tierra de Pinares Campo de Peñafiel Campiña del Pisuerga Tierra del Pan Tierra del Vino (Valladolid) (existe outra "Tierra del Vino" en Zamora) Tierra de Medina

Demografía

Valladolid