miniatura|Ao fondo da foto, o edificio branco é a prisión da Escollera do Arsenal de Ferrol. miniatura|Presidio da Escollera (letra u) situado ao carón dos "tinglados" no dique do Arsenal (1859). O presidio da Escollera foi unha prisión creada a comezos do século XIX no arsenal de Ferrol, denominado "Escollera" pola natureza técnica da base en que se ergue o dique. O edificio tiña uns corenta metros de longo, e desapareceu a mediados do século XX.
Características
A súa creación permitía o traslado de presos de San Campio (edificio do actual Museo Naval de Ferrol) e liberar espazos dese cárcere para oficinas de intendencia. En 1851 reformouse o antigo cuartel de presidiarios que recibe o nome de Escollera. Esta cadea funcionou como prisión militar e ademais recibía presos preventivos civís, detidos por participar en folgas ou por denuncias persoais do estamento militar e por accións da xurisdición militar sobre os civís en delitos de opinión ou de expresión.
miniatura|No número 38 está localizada a Escollera entre o almacén de obras civís e o de carbón no dique sur do Arsenal (1897). A partir do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 A Escollera foi o principal centro de detención do Arsenal Militar pola súa permanencia no tempo, se ben tamén se empregaron como prisión San Campio, os buques de pasaxe Plus Ultra, o transporte militar Contramaestre Casado e o mercante Genoveva Fierro. Os presos temían ser nomeados nunhas das terribles listaxes que todos os días, de madrugada, lían e que anunciaban a súa inminente execución. O lugar dos fusilamentos era a Punta do Martelo, na entrada da dársena militar. Debido á escasa distancia coa Escollera escoitaban os berros dos presos chamándolles asasinos, criminais etc.
Entre s fondos que custodia o antigo Arquivo Xeral da Zona Marítima do Cantábrico hai seis libros matrices de reclusos que se corresponden coa prisión militar da Escollera. Recollen un rexistro de presos desde o 28 de xaneiro de 1936 até o 19 de maio de 1942, e inclúen 2807 presos: 364 no primeiro libro, 552 no segundo, 600 no terceiro, 542 no cuarto, 552 no quinto e 197 no sexto.
Numerosos presos foron executados, entre eles Mario Rico, Guillermo Cedrón, Pedro Almazán ou Francisco Iturralde. Notas
Categoría:Antigos cárceres de Galicia Categoría:Ferrol