Patricia Hill Collins, nada en Filadelfia o 1 de maio de 1948, é unha socióloga estadounidense, profesora na Universidade de Maryland. Foi directora do Departamento de Estudos Afroamericanos na Universidade de Cincinnati, e presidenta do Consello da Asociación Sociolóxica de Estados Unidos, sendo a primeira muller afroamericana en ocupar este posto.

O traballo de Collins céntrase principalmente en feminismo e xénero no marco da comunidade afroamericana.

Obra En 1990, Collins publicou o libro Pensamiento feminista Negro: Conocimiento, Consciencia y Políticas de Empoderamiento, no que analizou a obra de tres das máis prestixiosas feministas representantes do feminismo negro: Angela Davis, Alice Walker e Audre Lorde. A obra de Collins conclúe que

As opresións de raza/etnia, clase, xénero, sexualidade e nación/estado son sistemas de poder que se intersecan e se constrúen mutuamente. Collins emprega o termo " interseccionalidade ", acuñado orixinalmente por Kimberlé Crenshaw, para referirse a estas formas de opresión que se superpoñen. As historias interseccionais das mulleres negras son únicas, razón pola cal crearon perspectivas globais en busca da súa necesidade de xustiza social. As experiencias das interseccións dos sistemas de opresión aos que están expostas as mulleres negras ofrecen unha xanela a estes procesos que pode ser útil para outras persoas e grupos sociais.

Notas

Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Profesores da Universidade de Maryland, College Park Categoría:Filósofos do século XXI Categoría:Nados en 1948