Erna Konstanze Fanny Karoline Pollack,nada en Berlín o 13 de febreiro de 1890 e finada en Haifa en marzo de 1975, coñecida como Erna Meyer, foi unha economista doméstica e socióloga alemá e israelí. Recoñecida por promover o traballo doméstico eficiente e o deseño moderno de viviendas.
Obtivo un amplo recoñecemento coa publicación en 1926 de Der neue Haushalt ("O novo fogar"), na que defendía a racionalización do traballo doméstico e instaba á cooperación entre arquitectos e amas de casa para crear deseños domésticos máis eficientes. Presenta a racionalización do traballo doméstico como transformadora para todos os aspectos da vida dunha muller e para a sociedade no seu conxunto. O libro tivo máis de 40 edicións e converteuse nun dos manuais domésticos máis lidos do período de entreguerras, cun impacto que se estendeu moito máis alá da República de Weimar.
Meyer estaba particularmente interesada na racionalización das tarefas domésticas. Fabricantes de mobles e arquitectos modernistas como Ludwig Mies van der Rohe e J.J.P. Oud buscaron o seu consello. Participou na Reichsforschungsgesellschaft für Wirtschaftlichkeit im Bau- und Wohnungswesen ("Sociedade de Investigación do Reich para a Eficiencia Económica na Construción e a Vivenda") e participou en exposicións que promovían novos modelos de vida doméstica, incluíndo Die Wohnung ("A Vivenda"), presentada en 1927 na exposición Deutscher Werkbund na propiedade Weißenhof . Como autoridade en asuntos domésticos prácticos, estableceu estándares para cociñas e mobles e supervisou a sección de cociñas da exposición interior. A exposición presentou catro cociñas de Stuttgart que ilustraban os principios da "xestión racional do fogar", tres das cales Meyer deseñou con Hilde Zimmermann. En 1928, xunto cos arquitectos Hanna Löw e Walther Schmidt, Meyer deseñou a cociña de Múnic, que permitía supervisar os nenos mentres cociñaban.
Notas
Categoría:Nados en Berlín Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados en 1890 Categoría:Economistas de Alemaña