Anna Bofill Levi, nada en Barcelona o 25 de abril de 1944, é unha arquitecta e compositora española.Los sonidos del silencio , XIP Tv

Traxectoria Anna Bofill estudou arquitectura na Escola de Arquitectura de Barcelona, graduándose en 1972. Posteriormente, doutorouse en arquitectura en 1975 cunha tese sobre a xeración xeométrica de formas arquitectónicas e urbanas. Obtivo o seu título de arquitectura en Francia en 1981.

Posteriormente, comezou a estudar Música Electroacústica con Gabriel Brncic e Lluis Callejo, e Tecnoloxía Musical con Xavier Serra e Sergi Jordá. En 1982, participou no Congreso de Música Nova de Sitges con Luigi Nono, Mestres-Quadreny, Joan Guinjoan, Coriún Aharonián e Jesús Villarrojo. Asistiu aos cursos de Nono na Fundación Miró e en 1985 asistiu a un curso de Iannis Xenakis en París, mentres era bolseira no seu Centre d'Etudes de Mathémathique et Automates Musical (CEMAMU). miniatura|275x275px|Edificio Walden 7 en Sant Just Desvern do que Anna Bofill é coautora É coautora do Barrio Gaudí de Reus e do edificio de máis de 400 unidades de vivendas Walden 7 en Sant Just Desvern.

En 1980, presentou a conferencia "Mujeres y arquitectura" na Conferencia de Feministas Independentes de Cataluña, propoñendo unha perspectiva diferente das mulleres sobre o medio urbano e destacando a relación entre a estrutura patriarcal da sociedade occidental e a forma das cidades e os hábitats, analizando tamén a estrutura da vivenda.

Notas

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Compositores de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1944