miniatura|A descrición do anqa en "As Marabillas da Creación". Anqa (en ), tamén soletreado 'Anqa', Anka, Anqa Mughrib ou Anqa al-Mughrib (en ), é unha ave femia dourada, misteriosa ou fabulosa, da mitoloxía árabe preislámica. Dise que voa moi lonxe e só aparece unha vez en séculos. Porén, tamén se di que se pode atopar no lugar onde se pon o sol.
Etimoloxía e notas A palabra “anqā” é a forma feminina de “anaq” (en ) que significa “de pescozo longo” e “longo e groso no pescozo”. Este feito implica que a ave ten unha aparencia similar a algunha garza ou gralla (aínda que tamén podería estar relacionada con outras aves de pescozo longo), aínda que tan só podería posuír un pescozo longo e forte, análogo aos das aguias ou falcóns (e doutros rapaces). Muḡrib, en cambio, ten diversos significados: "estraño, forasteiro", "oeste, solpor"; entre outros.
Anqa; con todo, tamén está relacionado con 'Anaq (, "desgraza"), e era, xunto con Anqa Muḡrib o significado de calamidade. Era deste xeito xa que se dicía que a ave fora creada orixinalmente dunha maneira perfecta, pero nunca foi capaz de converterse nunha praga, e terminou sendo asasinada.
Os inicios da lenda do Anqa sucederon nun libro do século IX chamado "Dala'il al-Nubwah". O relato conta que o rei Salomón conversaba acerca do destino cos paxaros, malia os Anqa rechazaron a súa convicción.
Características
O Anqa era descrito coma un ser fermoso cun pescozo longo, rostro humano, 4 pares de alas e algunha semellanza con todos os seres vivos, ademais de cores brancas no seu característico pescozo. Zakariya al-Qazwini comenta no seu libro cosmolóxico Aja'ib al-Makhluqat "As Marabillas da Creación" acerca do parentesco do Anqa coas aves que habitaban remotamente no Monte Qaf. O libro tamén fala dun sabio paxaro que vivía exactamente 1700 anos, madurando aos 500 de idade; ademais, ten que pasar 125 anos dentro do seu ovo para poder saír san.
Identificación O Anqa é identificado erroneamente co Simurgh da mitoloxía persa, xunto coas aguias armenias e bizantinas e o Konrul turco, tamén é nomeado Semrük. Estas confusións débense á influencia da cultura e arte islámica despois da caída do Imperio Sasánida. Case sempre é dito que é unha fénix. E no árabe estándar de hoxe en día, o Anqa identifícase como unha fénix ou grifón.
Notas
Referencias
Categoría:Mitoloxía árabe