Julián Teixeira Vento, tamén coñecido como Antonio Barros dos Santos, Manuel Alves ou Manuel Pinheiro, nado en Galicia cara a 1912, foi un político comunista galego.

Traxectoria

Militante das Juventudes Comunistas dende 1931, foi o máximo dirixente das Juventudes Comunistas do País Vasco (1932-1936). Foi procesado en consello de guerra con Manuel Eguidazu como líderes dunha conspiración comunista o 30 de decembro de 1932 no cárcere Modelo; Julián foi condenado a tres anos de cárcere. Volveu ser procesado por desacato en 1933,BOE, 3-11-1934, p. 91 e condenado a dous meses e un día de arresto en xaneiro de 1934.Luz, 25-1-1934, p. 11.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comandante na plana maior do Batallón “Perezagua” de Bilbao, formado con afiliados e simpatizantes comunistas da zona mineira e marxe esquerda; compartiu a comandancia con Manuel Eguidazu.Manuel Eguidazu Garay Despois da caída da fronte norte foi detido e encarcerado na prisión de Larrinaga (Bilbao). Saíu en liberdade ao dicir que era de nacionalidade portuguesa. Contactou coa estrutura clandestina do PCE e logrou pasar a Francia a principios de 1939.

Enviado a Portugal por Luis Codovilla como responsable do PCE e coa misión de localizar e trasladar do país ao deputado comunista Leandro Carro e informar sobre a situción do Partido Comunista Portugués. Chegou a Lisboa no vapor Massillia co nome suposto de Manuel Pinheiro. Trasladouse a Póvoa de Varzim onde contactou cun comunista portugués encargado de recoller a Leandro Carro que estaba agochado en Castro Laboreiro. Tamén contactou con Víctor García García "Brasileiro", engargado de organizar os refuxiados españois na zona. Recibiu a orde do PCE en Francia de abrir un paso de fronteira en correspondencia co PCE na banda galega. Contou coa axuda de Sergio Sandoval e Ángel Santos, herdeiro deste, o chamado “aparello de fronteira” do PCP, que seguiu funcionando na zona comprendida entre Verín e Chaves dende 1942 ata os anos sesenta. Logrou montar unha imprenta nunha quinta de Amora (Seixal) preto de Lisboa, de onde chegaron a editarse dous números de Mundo Obrero. Foi detido pola policía portuguesa en marzo de 1941. Posto en liberdade logo de proporcionar datos sobre as actividades e o traballo do Grupo de Lisboa, parece ser que foi executado polo partido en Pedras Salgadas (Vila Pouca de Aguiar), acusado de estar organizando alí o PSOE.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas 'Hermanos' e camaradas

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en ano descoñecido