Lucensia (grafada LVCENSIA), subtitulada Miscelánea de cultura e investigación, é unha revista semestral de humanidades publicada pola biblioteca do Seminario de Lugo desde 1990. Sae nos meses de maio e novembro. Inclúe tanto artigos en castelán como en galego, cunha tiraxe duns 800 exemplares por número.

Características Dirixida por Gonzalo Fraga Vázquez, sacerdote e profesor do seminario, a revista está estruturada en catro seccións: "Estudios", "Comentarios", "Textos" e "Libros".Enciclopedia Galega Universal. Entre os contidos predominan temas de historia, etnografía, antropoloxía, música, economía ou relixión, relativos, principalmente, á cidade de Lugo, á súa provincia e á Diocese de Lugo.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Autores Leva publicado máis de 800 artigos de máis de 300 autores, entre eles Adolfo de Abel Vilela, María Pilar Alén, Henrique Alvarellos, Nicandro Ares, Felipe Arias, José María Barja, Bieito XVI, José Manuel Blanco, Xosé Manuel Blanco Prado, Alfonso Blanco Torrado, Darío Xohán Cabana, Afonso Carrasco Rouco, Benxamín Casal, Juan José Cebrián Franco, Lois Diéguez, María Isabel Fernández García, Juan Carlos Fernández Pulpeiro, Alfredo Freixedo Alemparte, Xosé Fuentes Alende, Antonio Gandoy, Bernardo García Cendán, Xosé García Oro, Avelino Gómez Ledo, Baldomero Iglesias, Lois Ladra, Jesús Andrés López Calvo, Luis López Pombo, Xesús Mato, José Luis Novo Cazón, Carlos Nuevo Cal, Ramón Núñez Gamallo, Uxío Novoneyra, Xosé Otero Canto, Carmen Pallares Méndez, Fernando Pardo Gómez, Eduardo Pardo de Guevara, Victorino Pérez Prieto, Xosé María Pin Millares, Ricardo Polín, Ermelindo Portela Silva, Manuel Regal Ledo, Nicanor Rielo Carballo, Antonio Rigueiro Rodríguez, Elixio Rivas, Xoán Rof Carballo, Francisco Sineiro, Xosé Trapero Pardo, Maite Veiga, Fiz Vergara Vilariño, Félix Villares Mouteira e Prudencio Viveiro.Índice de autores en Dialnet.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Diocese católica latina de Lugo Ligazóns externas https://www.bibliotecaseminariolugo.org/content/publicaciones . Rede de Bibliotecas Universitarias (REBIUN)

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:1990 en Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega