Túpac Yupanqui, Túpac-Yupanqui ou Tupak Yupanki (do quechua: tupak, ‘resplandecente’, yupanki: ‘guía, líder’), é un apelido quechua de orixe inca. Provén do ayllu ou casa real do sapa inca Túpac Yupanqui, décimo emperador do Imperio Inca. Os seus portadores localízanse nas rexións de Cuzco, Arequipa e Lima.

Historia miniatura|250px|Retrato de Túpac Yupanqui (1750). O ayllu familiar do inca Túpac Yupanqui apoiou a Huáscar no seu enfrontamento contra Atahualpa, por iso sería perseguido e decimado parcialmente polos capitáns atahualpistas até a chegada dos conquistadores casteláns, quen atoparon nesta familia, fortes aliados no proceso de conquista e colonia temperá do Perú. En troques do seu apoio, obtiveron e recuperaron dos europeos, diversas mercés, privilexios e cacicados no Cuzco e o Alto Perú. Durante os séculos XVII e XVIII tiveron destacada vida pública e influencia económica, ata que decaeu logo da Rebelión de Túpac Amaru II en 1783.

Persoas de sona Demetrio Túpac Yupanqui. Foi un profesor de lingua quechua, tradutor de castelán a quechua e xornalista peruano. Mateo Túpac Yupanqui. Cacique de Lares no século XVIII.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Yupanqui (apelido)

Categoría:Apelidos quechuas