Reeves Gabrels (nado o 4 de xuño de 1956) é un guitarrista, compositor e produtor estadounidense. Membro de The Cure dende 2012, Gabrels tamén é coñecido polo seu traballo con David Bowie e Tin Machine dende 1988 ata 1999. Tamén lidera a banda Reeves Gabrel & His Imaginary Friends, baseada en Nashville.

Como guitarrista, Gabrels é recoñecido polo seu virtuosismo e versatilidade, e foi eloxiado pola súa capacidade para "explorar os extremos sonoros cunha gran intuición adaptativa para o que máis necesita cada canción".Adam McGovern, "Reeves Gabrels", MusicHound Rock: The Essential Album Guide, 2nd ed., p. 466 (Detroit & London, Visible Ink Press, 1998) Foi cualificado como "un dos improvisadores de guitarra de rock máis atrevidos dende Jimi Hendrix".

Notas

Categoría:Nados en Staten Island Categoría:Nados en 1956 Categoría:Guitarristas