miniatura|Expansión territorial dos timocianos. Os timocios ou timotanos (en serbocroata e búlgaro: Тимочани) foron unha tribo medieval de eslavos meridoniais que vivían no territorio da moderna Serbia oriental, así coma nas rexións de Banato, Sirmia e Moesia Superior, entre Bulgaria e Romanía.
Os timocianos asentáronse nos Balcáns no século VI, na antiga Dacia Ripensis; máis tarde sometéronse ao Gran Canato Avaro. A área caeu nas mans do Canato búlgaro de Khan Krum en 805. En 818, durante o reinado de Omurtag (814–836), levantáronse xunto con outros pobos fronteirizos do Primeiro Imperio Búlgaro contra unha reforma administrativa que os excluíu de gran parte da súa autonomía.
Xunto con outras tribos eslavas, buscaron a protección do emperador Lois o Piadoso, a quen enviaron unha embaixada á súa corte en Herstal. Omurtag decidiu resolver o asunto por vía diplomática entre 824 e 826, pero Lois non respondeu ás súas cartas. Isto levouno a emprender unha campaña fluvial polo Drava en 827 para invadir as terras timocianas arredor de Sirmium; a ofensiva foi vitoriosa e Omurtag puido restablecer a autoridade búlgara na rexión e nomear gobernadores para administrala. Moitos timocianos fuxiron a través do Danubio e posteriormente integráronse no Principado da Baixa Panonia.
O termo eslavo (timočani) úsase hoxe en día para referirse coloquialmente á xente do val do Timok, situado entre a actual Serbia e Bulgaria.
Notas
Categoría:Pobos eslavos