José Cabanas Vázquez, finado no Vilar (Andavao, Boimorto) en 1951, foi un político galego.

Traxectoria Coa proclamación da Segunda República Española en Boimorto o 19 de abril de 1931, saíu escollido como un dos concelleiros da corporación municipal trala repetición das eleccións o 31 de maio de 1931, tomando posesión o 5 de maio como primeiro tenente de alcalde do concello de Boimorto, sendo Pedro López Bodelo proclamado alcalde. O 7 de outubro de 1934 o alcalde foi detido e encausado xunto con Antonio Vidal Novo por reunión clandestina celebrada no local do Sindicato Agrícola. O alcalde, xunto con José Cabanas, José Tojo García e mais Ramón Vázquez Garea foron destituídos por orde gobernativa.El Compostelano, 30-10-1934, p. 2. Non volven a aparecer en ningunha acta ata marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos doce veciños do concello represaliados en agosto de 1936, nove deles integrantes da corporación municipal, detidos por partidas falanxistas, presumiblemente sinalados polo párroco de Boimil e Andavao, Emilio López Freire, en desacordo coas políticas da República contrarias á Igrexa. Foron enviados a Sobrado (Sobrado dos Monxes), onde quedaron recluídos no cárcere durante dous días sen comer nin beber e onde os torturaron. Posiblemente leváronos a madrugada do 20 de agosto de 1936 a Santiago de Compostela, onde non había sitio para máis presos, e dixéronlles que marchasen de volta ou que fixeran con eles o que estimasen oportuno. Decidiron separalos en dous grupos, levándoos a lugares diferentes.

José Cabanas foi conducido ó Amenal (O Pino), xunto con Isidro Filloy López, Andrés Mera Filloy, Ramón Vázquez Garea, Ramón Sánchez Rapela e Caitán García Vázquez, onde foron paseados na Agra da vila, logrando salvarse José Cabanas ó caer debruzado cando efectuaron os disparos, quedando cuberto polo sangue dos compañeiros e dándoo por morto non lle deron o tiro de graza. Cunha bala na perna, que logrou extraer coa axuda dalgúns veciños da contorna, regresou á súa casa. Permaneceu agochado durante quince anos no seu fogar, con varios intentos de suicidio, ata que o conseguiu en 1951.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Causa do Xulgado de Arzúa sobre ameazas con arma de fogo e violación de morada do cura párroco de Andavao, Emilio López Freire, contra Pedro López Bodelo, Isidro Filloy López, José Cabanas e José Paz

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1951 Categoría:Concelleiros de Boimorto Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Suicidas de Galicia