As guerreiras K-Pop (en ) é un filme estadounidense de fantasía e musical de 2025 dirixido por Chris Appelhans e Maggie Kang a partir dun guión coescrito con Danya Jimenez e Hannah McMechan. Foi producido por Sony Pictures Animation para Netflix, e conta coas voces de Arden Cho, Ahn Hyo-seop, May Hong, Ji-young Yoo, Yunjin Kim, Daniel Dae Kim, Ken Jeong e Lee Byung-hun. Conta a historia dun grupo de rapazas de K-pop, as Huntrix, que levan unha dobre vida como cazadores de demos; enfróntanse á súa banda rival, os Saja Boys, cuxos membros son secretamente demos.

Estreouse o 20 de xuño de 2025 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.

Personaxes Arden Cho como Rumi Ejae como a voz de canto de Rumi May Hong como Mira Audrey Nuna como a voz de canto de Mira Ji-young Yoo como Zoey Rei Ami como a voz de canto de Zoey Ahn Hyo-seop como Jinu Andrew Choi como a voz de canto de Jinu Yunjin Kim como Celine Lea Salonga como a voz de canto de Celine Joel Kim Booster como Romance Saja Alan Lee como Mystery Saja SungWon Cho as Abby Saja Danny Chung as Baby Saja

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Sony Pictures Animation Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes ambientados en Seúl Categoría:Filmes de 2025 con versión en galego