Peter Charles Doherty (nado o 15 de outubro de 1940)Anon (2017). "Doherty, Prof. Peter Charles". Who's Who (online Oxford University Press ed.). Oxford: A & C Black. doi:10.1093/ww/9780199540884.013.13865. é un inmunólogo australiano gañador do premio Nobel.
Doherty recibiu o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica en 1995, o Pemio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con Rolf Martin Zinkernagel en 1996 e foi nomeado Australiano do Ano en 1997. No Día Australiano das Honras de 1997, nomeárono Camarada da Orde de Australia polo seu traballo con Zinkernagel. É tamén un dos Tesouros Vivos Australianos.
En 2009 como parte das celebracións Q150, a investigación sobre o sistema inmunitario de Doherty foi anunciado como unha das iconas Q150 de Queensland polo seu papel en "innovación e invención" icónica. En 2012, Doherty foi nomeado profesor honorario da Escola de Bioquímica e Inmunoloxía no Trinity College Dublin.
Vida e educación Peter Charles Doherty naceu no suburbio de Brisbane en Sherwood o 15 de outubro de 1940, fillo de Eric Charles Doherty e Linda Doherty (nada Byford). Creceu en Oxley, e asistiu á Indooroopilly State High School (que agora ten un teatro de conferencias que leva o seu nome).
Despois de obter a súa licenciatura en ciencias veterinarias en 1962 da Universidade de Queensland, traballou como funcionario veterinario rural para o Departamento de Agricultura e Gando de Queensland e despois fixo un traballo de laboratorio no Instituto de Investigación Animal do Departamento. Alí coñeceu á graduada en microbioloxía Penelope Stephens coa que casou en 1965. Doherty obtivo o seu máster en veterinaria en 1966 da Universidade de Queensland.
Doutorouse en Patoloxía en 1970 na Universidade de Edimburgo, Escocia, despois volveu a Australia para continuar as súas investigacións na Escola de Investigación Médica John Curtin da Universidade Nacional Australiana en Canberra.
Investigacións e carreira En 1988, Peter Doherty foi catedrático do Departamento de Inmunoloxía do Hospital de Investigación para Nenos de S. Jude en Memphis, Tennessee, cargo que mantivo ata 2001. As investigacións de Doherty centráronsePeter Doherty publications indexed by Google Scholar Edit this at WikidataPeter Doherty publications indexed by the Scopus bibliographic database. (subscription required) no sistema inmunitario e o seu traballo gañador do premio Nobel describía como as células inmunitarias do corpo nos protexen dos virus. El e Rolf Zinkernagel, que compatiu con el o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1996, descubriron como as células T recoñecen os seus antíxenos diana en combinación coas proteínas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC).
Os virus infectan as células hóspede e reprodúcense dentro delas. As células T asasinas destrúen esas células infectadas para que os virus non poidan reproducirse. En estudos sobranceiros en ratos co virus da coriomeninxite linfocítica (LCMV), Rolf Zinkernagel e Doherty demostraron que unha célula T recoñece unha diana infectada só cando detecta simultaneamente (i) un antíxeno peptídico viral e (ii) unha molécula específica propia do complexo maior de histocompatibilidade de clase I (MHC I) exposta na superficie da célula diana. Este recoñecemento faino un receptor da célula T (TCR) da superficie da célula T.
O MHC fora previamene identificado como o responsable do rexeitamento de tecidos incompatibles en transplantes. Zinkernagel e Doherty descubriron que o MHC era tamén responsable de combater o virus da meninxite.
Outros premios e honras Ademais do premio Nobel e outros premios e honras xa mencionadas ao comezo do artigo, Doherty foi elixido membro da Academa Australiana de Ciencias (FAA) en 1983 e membro da Real Sociedade (FRS) en 1987. En 1997, recibiu o Premio Placa de Ouro da Academia Americana de Logros. Leva o seu nome o Instituto Peter Doherty para as Infeccións e a Inmunidade (Instituto Doherty), unha empresa conxunta entre a Universidade de Melbourne e Melbourne Health. Alberga un grupo de expertos en infeccións e inmunoloxía humanas e empezou a funcionar en 2014. Foi elixido membro de honra da Academia de Ciencias Médicas (FMedSci) en 2015. Ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Australiana de Ciencias da Saúde e Médicas (FAHMS). En abril de 2017 entrou como membro na Real Sociedade de Victoria (FRSV).
a Escola de Ciencias John Monash, o Moreton Bay Boys College, e o Murrumba State Secondary College teñen unha casa que leva o seu nome.
Publicacións non académicas
Vida persoal En 2021, Peter Doherty e a súa muller Penny vivían en Melbourne. Teñen dous fillos, Michael, un neurólogo que traballa nos Estados Unidos, e James, un avogado que traballa en Melbourne, e seis netos. Aumentou a súa fama en 2020 durante a pandemia de COVID-19 cando accidentalmente escribiu en Twitter a frase 'horario de apertura de Dan Murphy' en lugar de buscalo na web (Dan Murphy é unha licorería).
Doherty actualmente pasa tres meses ao ano realizando investigacións no Hospital de Investigación de Nenos S. Jude en Memphis, Tennessee, onde é membro da facultade no Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Tennessee a través do Colexio de Medicina da Universidade de Tennessee. Os outros 9 meses do ano traballa no Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía da Universidade de Melbourne, Victoria.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Información biográfica dos premios Nobel (incluíndo a súa Conferencia Nobel sobre "Inmunidade mediada por células en infeccións víricas") Entrevista na radio de This Week in Science da emisión do 5 de setembro de 2005 "Winning a Nobel: easy as wrestling a pig", de Margaret Wertheim, revista Cosmos, outubro de 2006 Peter Doherty dando o discurso inaugural no Festival de Ideas de Melbourne de 2009 en ABC Fora (vídeo) (vídeo)
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Premios Nobel de Australia Categoría:Inmunólogos de Australia Categoría:Veterinarios de Australia