miniatura|Maqueta da cofia do primeiro H-II, co VEP Myojo debaixo de OREX, o obxecto con forma de escudo térmico da parte superior do apilamento. Vehicle Evaluation Payload ou VEP foi unha serie de cargas útiles do Xapón para avaliar tecnicamente o rendemento de varios dos seus foguetes espaciais durante os seus primeiros lanzamentos.

Características Lanzáronse catro VEP para comprobar diversos parámetros dos foguetes H-II, H-IIA e H-II xaponeses nos seus voos iniciais, os catro con éxito:

VEP 1: renomeado Myojo despois do lanzamento, foi usado para medir aceleracións e deformacións durante o primeiro lanzamento dun foguete H-II, o 3 de febreiro de 1994, para verificar a precisión na inxección orbital e caracterizar a contorna para as cargas útiles. Permaneceu acaroado á segunda etapa do foguete H-II e levaba o experimento OREX na súa parte superior, que foi despregado en órbita. VEP 2: lanzouse co primeiro H-IIA-202 o 29 de agosto de 2001 para medir diversos parámetros e comprobar a súa precisión. Tamén permaneceu acaroado á segunda etapa do H-IIA. Levaba enriba o subsatélite LRE, que foi liberado en órbita. VEP 3: lanzouse co primeiro H-IIA-204 o 4 de febreiro de 2002 levando sensores para medir a contorna acústica e térmica no adaptador dual que levaba o foguete, quedando acoplado á sección cónica do sistema de lanzamento dual. Levaba o demostrador tecnolóxico de reentrada DASH, que fallou en liberarse de VEP 3.*VEP 3: lanzouse co primeiro H-IIA-204 levando sensores para medir a contorna acústica e térmica no adaptador dual que levaba o foguete, quedando acoplado á sección cónica do sistema de lanzamento dual. Levaba o demostrador tecnolóxico de reentrada DASH, que fallou en liberarse de VEP 3. VEP 4: lanzouse co primeiro H-III-22S o 17 de febreiro de 2024 para medir os parámetros do lanzamento. Levaba os subsatélites CE-SAT 1E e TIRSAT.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos H-II H-IIA H-III

Categoría:Satélites artificiais