Fernando Fraga, tamén coñecido como Fer Fraga, nado en Dorrón (Sanxenxo) en 1999, é un modelo e actor galego.
Traxectoria
Comezou xogando no xuvenil do Pontevedra CF. Despois traballou de modelo no mundo da moda, desfilando en Madrid ou Milán.
Como actor formouse en Timbre4 con Claudio Tolcachir, no Centro del Actor con Lorena Bayonas, Módulo I con Fernando Piernas, Curso Regular en Theater for the people con Adan Black e Técnica Vocal con María Hernández.
Filmografía
Cinema
2025: Rondallas, de Daniel Sánchez Arévalo, como Elías. 2025: Mala influencia, de Chloe Wallace, como Raúl. 2026: Pioneras, de Marta Díaz de López Díaz.
Curtametraxes
Una reverencia a destiempo, de Mariano Schoendorff Encerrados, de Carolina Edo
Televisión
2023: 30 monedas, HBO, como Carlos. 2024: Rapa, Movistar+, como Mateo. 2025: Animal, Netflix, como Roi 2025: Marusía. Vientos de honor, Telecinco. 2025: El crimen de Pazos, Netflix.
Teatro
2024: Los de ahí, Dir. Claudio Tolocachir.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en Vanity Fair, 9/12/2025
Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1999 Categoría:Actores de Galicia Categoría:Modelos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes