Olavo V, nado como Príncipe Alexandre de Dinamarca en Sandringham House o 2 de xullo de 1903, e finado en Oslo o 17 de xaneiro de 1991, foi rei de Noruega desde 1957 até a súa morte en 1991.

Olavo naceu en Sandringham House en Inglaterra, o único fillo do príncipe Carl de Dinamarca e a princesa Maud de Gales. Converteuse en herdeiro aparente do trono noruegués cando o seu pai foi elixido rei Haakon VII de Noruega en 1905. Foi o primeiro herdeiro do trono noruegués que se criou en Noruega desde Olavo IV no século XIV, e os seus pais aseguráronse de que se lle dese unha crianza o máis norueguesa posible. En preparación para o seu futuro papel, asistiu a escolas civís e militares. En 1929 casou coa súa curmá primeira, a princesa Marta de Suecia.

Era un atleta consumado. Olavo saltou do salto de esquí de Holmenkollen en Oslo e competiu en regatas de vela. Gañou unha medalla de ouro na navegación nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam e seguiu sendo un mariñeiro activo na vellez.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o seu liderado foi moi apreciado, e foi nomeado Xefe de Defensa de Noruega en 1944. Olavo converteuse en rei tras a morte do seu pai en 1957.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da Casa Real de Noruega Rei Olavo – biografía (Sitio web oficial da Casa Real de Noruega) A Real Orde Norueguesa de San Olav - S.M. Rei Olavo V o ex Gran Mestre da Orde Medallistas de Holmenkollen: faga clic en Holmenkollmedaljen para descargar o arquivo pdf ()

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Reis de Noruega Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas olímpicos en vela Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Noruega Categoría:Regatistas olímpicos de Noruega