Between the Buried and Me (abreviado como BTBAM) é un grupo de metalcore progresivo estadounidense de Raileigh, Carolina do Norte. Formado no 2000, os seus membros son Tommy Giles Rogers Jr. (cantante principal e teclado), Paul Waggoner (gutarrista e cantante de coros), Dan Briggs (baixista e teclado) e Black Richardson (batería).
O seu disco debut homónimo foi publicado por Lifeforce Records no 2002; os seus traballos posteriores foron editados por Victory Records até o 2011, cando firmaron un contrato con Metal Blade. Con esta última produtora sacaron o seu primeiro EP, The Parallax: Hypersleep Dialogues, e mais a súa continuación, The Parallax II: Future Sequence (en 2011 e 2012, respectivamente). O seu décimo álbum, Collors II, unha continuación do seu clásico Colors (2007), saíu en agosto do 2021. A súa última obra, The Blue Nowhere, publicouse en setembro do 2025.
No 2016, a revista Loudwire nomeounos a 48ª mellor banda de metal de todos os tempos.
Estilo musical O estilo musical de Between the Buried and Me foi descrito como metalcore progresivo, metal progresivo, death metal técnico, metalcore e metal de vangarda, entre outros. Segundo Kurt Morris:
Na portada do seu disco The Anatomy Of, o grupo rendeu homenaxe a moitas das súas influencias musicais, como Sepultura, Metallica, Blind Melon, Mötley Crüe, Queen, King Crimson, Soundgarden, Faith no More, Pantera, Pink Floyd, Depeche Mode, Earth Crisis, Counting Crows e The Smashing Pumpkins.
Integrantes
Membros actuais Tommy Giles Rogers Jr. – voz principal, teclado (2000–actualidade) Paul Waggoner – guitarra, voz (2000–actualidade) Dan Briggs – baixo (2005–actualidade), teclado (2011–actualidade), voz de coro (2005–2008) Blake Richardson – batería (2005–actualidade), voz de coro (2018–actualidade)
Membros en directo Tristan Auman – guitarra rítmica (2023–actualidade), voz de coro (2025–actualidade)
Antigos membros Jason Schofield King – baixo (2000–2004) Will Goodyear – batería, voz (2000–2002) Marc Duncan – guitarra rítmica (2000) Nicholas Shawn Fletcher – guitarra rítmica (2000–2003) Michael Howard Reig – batería (2002–2003) Mark Castillo – batería (2003–2004) Shane Blay – guitarra rítmica (2004) Jason Roe – batería (2004–2005) Kevin Falk – baixo (2004–2005) Dustie Waring – guitarra rítmica (2005–2023)
Cronoloxía
Discografía Between the Buried and Me (2002) The Silent Circus (2003) Alaska (2005) The Anatomy Of (2006) Colors (2007) The Great Misdirect (2009) The Parallax: Hypersleep Dialogues (2011) The Parallax II: Future Sequence (2012) Coma Ecliptic (2015) Automata I (2018) Automata II (2018) Colors II (2021) The Blue Nowhere (2025)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Carolina do Norte Categoría:Artistas de Metal Blade Records Categoría:Artistas de Victory Records Categoría:Grupos musicais formados en 2000