Cubainformación é un medio de comunicación no que se amosan mostras de amizade e solidariedade con Cuba. Este cuatrimestral foi creado en 2007 pola ONG Euskadi-Cuba e ten os mesmos obxectivos que esta organización: p acompañamento e a solidariedade coa Revolución Cubana. Entre outros, Joseba Macías foi un dos seus fundadores.
Esta asociación é unha das miles de asociacións que manteñen solidariedade política, cultural e económica co pobo e sistema político cubanos, e que se atopan en varias localidades dos cinco continentes do mundo.
Sendo a súa solidariedade eminentemente política, desenvolve as súas accións en diferentes ámbitos, centrándose principalmente en expresar o seu apoio á Revolución Cubana e ó seu programa de desenvolvemento social.
A nivel europeo, esta institución é o medio de comunicación máis organizado e eficaz que traballa en favor da Revolución Cubana. Emite principalmente en castelán.
Celebración do 10º aniversario Do 9 ó 11 de xuño de 2017 celebráronse varios actos para celebrar o 10º aniversario da súa fundación. Entre outros, en Bilborock o 11 de xuño, ás 21:00 da noite falaron a favor da revolución as seguintes personaxes coñecidas: Willy Toledo, actor; Mariela Castro, filla de Fidel Castro e Aleida Guevara, filla do Che Guevara.
Notas
Ligazóns externas http://www.cubainformacion.tv/ Categoría:Política de Cuba Categoría:Medios de comunicación