Birth of the Cool é un álbum recompilatorio do trompetista de jazz estadounidense Miles Davis. Foi lanzado en febreiro ou marzo de 1957 por Capitol Records."Buyboard". The Billboard. 9 de febreiro de 1957. p. 25(9 de marzo de 1957). "March Album Releases". The Cash Box. New York: The Cash Box Publishing Co. InKahn, Ashley (2012). Miles Davis: The Complete Illustrated History. Voyageur Press. p. 50. ISBN 9781610586825Myers, Marc (2019). Why Jazz Happened. University of California Press. p. 90. ISBN 9780520305519Smith, Chris (2009). 101 Albums That Changed Popular Music. Oxford/New York: Oxford University Press. pp. 7-9. ISBN 978-0-19-537371-4 Recompila once temas gravados polo noneto de Davis para o selo ao longo de tres sesións durante 1949 e 1950.

Con instrumentación infrecuente e varios músicos notables, a música consistía en arranxos innovadores influenciados pola música afroamericana e as técnicas da música clásica, e marcou un desenvolvemento importante no jazz post-bebop. Como suxire o título, estas gravacións considéranse fundamentais na historia do cool jazz. A maioría delas foron lanzadas orixinalmente no formato de 10 polgadas e 78 rpm e todas teñen unha duración aproximada de tres minutos.

Listaxe de cancións Os arranxistas lístanse entre parénteses tras o título e son: John Carisi, Gil Evans, John Lewis ou Gerry Mulligan. A edición orixinal de 1957 incluía once temas como se indica debaixo: "Darn That Dream" incluíuse como corte a partir de 1972. Segundo unha fonte académica, a canción "Budo" foi arranxada por Mulligan.''

† Pseudónimo de Miles Davis e Gil Evans.

Notas

Categoría:Álbums de Miles Davis Categoría:Recompilacións Categoría:Álbums musicais de 1957