Pedro Fernández Sarmiento, coñecido simplemente como Dro, nado en Nigrán o 12 de xaneiro de 2008, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Paris Saint-Germain FC da Ligue 1.
Traxectoria en clubs Etapa xuvenil Con catro anos de idade ingresou na Escola Deportiva Val Miñor. Neste club foi adestrado por Covelo, quen fora porteiro no Fútbol Club Barcelona. Tras rexeitar ofertas do Real Madrid e do Real Betis, en 2022 foi fichado por La Masia. Na escola catalá foi adestrado por Juliano Belletti, entre outros técnicos.
Durante a tempada 2024/25, Dro xogou nos equipos Xuvenil B e Xuvenil A do FC Barcelona. Tamén participou na Liga Xuvenil da UEFA, conquistando o título europeo co conxunto barcelonés. En total, disputou 47 encontros e anotou 16 goles na campaña.
FC Barcelona Tras completar a súa formación no equipo xuvenil, Dro incorporouse ao Barcelona Atlètic en 2025. En xullo dese ano, Hansi Flick convocouno para xogar a pretempada co primeiro equipo no continente asiático. Debutou o 27 de xullo de 2025 nun amigábel contra o Vissel Kobe, anotando o gol definitivo para asinar unha vitoria por 3-1.
O 28 de setembro de 2025 tivo lugar a súa estrea na Primeira División, entrando como substituto nun partido contra a Real Sociedad. O 21 de outubro do mesmo ano debutou na Liga de Campións da UEFA, nun partido contra o Olympiacos no que realizou unha asistencia para un resultado final 6-1 a favor do Barcelona.
Paris Saint-Germain O 26 de xaneiro de 2026 anunciouse a fichaxe de Dro polo Paris Saint-Germain FC da Ligue 1 até 2030.
Traxectoria internacional Dro foi internacional coa Selección de fútbol sub-17 de España. En marzo de 2025 foi convocado para xogar a clasificación ao Campionato Europeo Sub-17 da UEFA 2025.
Estilo de xogo Dro é un centrocampista ofensivo táctico. Na súa etapa cadete e xuvenil destacou pola súa técnica e visión de xogo. Ten declarado en entrevistas que Pedri é unha das súas inspiracións a nivel deportivo. Ademais, Dro ten sido comparado co estilo de xogo de Andrés Iniesta.
Vida persoal Galego e nigranés, Dro Fernández é fillo de nai filipina e pai galego.
Palmarés FC Barcelona Primeira División (1): 2025/26. Supercopa de España (1): 2026.
Paris Saint-Germain Ligue 1 (1): 2025/26. Liga de Campións (1): 2025/26. Supercopa de Europa (1): 2026.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dro Fernández en BDFutbol Dro Fernández en LaPreferente.com Dro Fernández en Soccerway
Categoría:Nados en 2008 Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Nigrán Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA