Francisco Rodríguez Gigirey, nado en Santiago de Compostela en agosto de 1920 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1970, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Nado en Compostela en agosto de 1920,El Compostelano, 10-8-1920, p. 2. fixo os primeiros estudos nas Escolas da Inmaculada, o bacharelato superior no Instituto, e maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.La Noche, 12-11-1966, p. 6. Foi mestre no barrio de Guadalupe (Santiago de Compostela) en 1962.El Correo Gallego, 20-9-1962, p. 2. En 1963 foi destinado ao Grupo Escolar Apóstol Santiago de Santiago de Compostela.La Noche, 2-10-1963, p. 6. Foi delegado comarcal do Servizo Español do Maxisterio (SEM) en Compostela. Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela polo terzo familiar en 1966,La Noche, 17-11-1966, p. 10. foi presidente da comisión municipal de Cultura e tenente alcalde. Pertenceu á directiva da asociación de teatro de cámara Ditea.La Noche, 21-3-1966, p. 10.La Noche, 23-11-1967, p. 12. Finou en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1970.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-9-1970, p. 4.El Pueblo Gallego, 6-9-1970, p. 9.
Recoñecementos Medalla de Ouro da Orde de Cisneros, 1966.La Noche, 28-11-1966, p. 26.
O colexio da Lavacolla de Santiago de Compostela leva o seu nome.CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei Vida persoal
Casou con Amalia López Bouzas e foi pai de Francisco, José Manuel, Amalia, Javier, Carlos Alberto, Juan Víctor, Conchita e María Isabel. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1970