O Moviment Nacionalista Totalitari (MNT) foi unha organización nacionalista e fascista catalá que se separou de Nosaltres Sols! na clandestinidade despois do levantamento de outubro de 1934. Historia

Creou un efémero núcleo en Barcelona arredor do estudante de arquitectura Jacint Goday Prats, quizais co apoio económico do consulado italiano. Editou o periódico Ferms! (catro números, agosto-novembro de 1935) e introduciu o termo “totalitario” na linguaxe política catalá, que incluía tanto a aspiración a un estatismo (moi propia da moda política da década de 1930 en Europa) coma o soño dunha unificación pancatalanista incluíndo Occitania (a denominada “Catalunya totalitària”). O grupo non tivo maior transcendencia que a curiosidade que suscitou polo seu descurso ideolóxico. Desapareceu moi cedo e deixou un rastro só na propaganda máis ultranacionalista de Estat Català durante a guerra civil española.

Notas

Categoría:Extrema dereita en Cataluña Categoría:Historia de Cataluña