Álvaro Campaner y Fuertes, nado en Valverde del Camino en 1834 e finado en Palma de Mallorca en 1894, foi un numismático e historiador español.«Campaner Fuertes, Álvaro». Enciclopedia Galega Universal (EGU.xunta.gal).

Traxectoria

Orixe familiar Álvaro Campaner naceu en 1834 na localidade onubense de Valverde del Camino,«Àlvar Campaner i Fuertes». En Gran Enciclopèdia Catalana. Grup Enciclopèdia. Barcelona. no seu dunha familia vinculada á xustiza, fillo de Mercedes de Fuertes Delgado e do maxistrado Antonio Álvaro Campaner Rosselló.«Àlvar Campaner i Fuertes». En Diccionari d’historiografia catalana.

Carreira xurídica Seguindo a tradición familiar, licenciouse en Dereito e acadou o doutoramento nesta disciplina. Logo de varios destinos en diferentes puntos de España entre 1879 e 1884, foi nomeado fiscal da Audiencia de Mallorca, onde continuou o exercicio da súa profesión durante toda a súa vida activa.

Dedicación á numismática Paralelamente ao seu labor profesional, Campaner dedicouse en profundidade á numismática, non só como coleccionista, senón tamén como estudoso e investigador, un interese que estendeu tamén a diversos ámbitos da historia, sinaladamente das Illas Baleares. En 1866 fundou, xunto con Artur Pedrals e Gaietà Carreras, a revista Memorial Numismático Español, de cuxa dirección se encargou.Campaner y Fuertes, A. (1866). Memorial Numismático Español. Cuaderno primero. Barcelona É tamén autor de varios traballos monográficos sobre os temas do seu interese, entre os que destacan Numismática Balear (1879) e Indicador manual de Numismática Española (1891), que foron textos oficiais da Escola de Diplomática. E como historiador a súa obra máis salientable é o Cronicón Mayoricense (1881), unha colección de noticias acerca de Mallorca ordenadas cronoloxicamente, acaecidas entre 1229 e 1800.

Campaner amosou un especial interese pola pola historia da presenza musulmá nas Baleares, sobre a que publicou un estudo realizado a partir de fontes latinas e árabes. Tamén se interesou pola cerámica medieval, non só no ámbito do seu estudo senón tamén como obxecto tanto de colección. Contribuíu ao debate sobre a atribución a Mallorca da orixe da cerámica medieval e moderna, e a súa colección de cerámica pasou a se conservar no Museo Diocesano de Mallorca logo do seu pasamento.Dolç i Dolç, M. (coord.) (1989).

No marco da historiografía do século XIX, Campaner foi un dos historiadores co sentido crítico máis preciso e que empregou un sistema metodolóxico axeitados aos criterios da investigación histórica moderna.

Álvaro Campaner y Fuertes finou en Palma de Mallorca en 1894.

Publicacións (1857). Apuntes para la formación de un catálogo numismático español. J. Verdaguer, Barcelona. (1859). Ojeada histórica a la antigua legislación mercantil del principado de Cataluña. Tejado, Madrid. (1860). Dominación Árabe en las Baleares. Reseña cronológica de los Gobernadores y Emires de estas islas. J. Colomar, Palma. (1879). Numismática balear: Descripción histórica de las monedas de las Islas Baleares. P. J. Gelabert, Palma. (1881). Cronicon Mayoricense. Noticias y relaciones históricas de Mallorca desde 1229 á 1800. J. Colomar, Palma. (1888). Bosquejo histórico de la dominación islamita en las Islas Baleares. J. Colomar, Palma. (1891). Indicador manual de numismática española. Palma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía «Àlvar Campaner i Fuertes». En Gran Enciclopèdia Catalana. Grup Enciclopèdia. Barcelona. «Àlvar Campaner i Fuertes». En Diccionari d’historiografia catalana. Dolç i Dolç, M. (coord.) (1989). «Àlvar Campaner i Fuertes». En Gran Enciclopèdia de Mallorca. Vol. III. Promomallorca, Pálma. Páxinas 16-18. ISBN 84-8661702-2. Salvà, J. (1982). «Campaner y el Cronicón Mayoricense». En Estudis Baleàrics, 5. Palma.

Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Nados na provincia de Huelva Categoría:Personalidades da banca Categoría:Numismáticos de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes