Pedro Rodríguez Rodríguez, coñecido como Xenro de Pedro grande de Castro, nado en Monforte de Lemos cara a 1897 e finado en Lugo o 11 de outubro de 1937, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
Veciño de Paradela. Foi detido por tenencia de armas en xaneiro de 1934,El Pueblo Gallego, 31-1-1934, p. 2. e condenado en febreiro polo tribunal de urxencia de Lugo a cinco meses de arresto.El Pueblo Gallego, 22-2-1934, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 31 de xullo de 1937 xunto con Manuel López Rodríguez, Benigno López López, Orencio López López, Ramiro Rodríguez Gutiérrez, Valentín López García, José López Yáñez, Manuel Pérez González e Ramón Díaz Díaz, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Lugo o 11 de outubro de 1937 xunto con Alfredo Díaz Monteserín.El Progreso, 12-10-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1937.BOP Lugo, 29-11-1937, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidade política nº 8/1937 de Pablo Díaz López; Francisco López López e outros
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1937