Manuel Yebra Dacoba, nado no Seixo (O Bolo) o 15 de setembro de 1914 e finado en Gusen (Austria) o 10 de xaneiro de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria miniatura|Ficha do preso en Mauthausen Ao comezo da guerra civil española estaba en Madrid, posiblemente para traballar na sega. Anotouse nas Milicias Populares Galegas, e pertenceu ao 4º Batallón da 1ª Brigada Mixta co rango de tenente. En outubro de 1938 foi nomeado sarxento do Exército Popular da República.
Exiliado en Francia, pertenceu á Compañía de traballadores estranxeiros 140, con destino en Ambronay, departamento de Ain. Foi detido polos alemáns despois de xuño de 1940, e internado no Frontstalag 140, en Belfort.
Entrou no campo de Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, co número 5799, procedente do Stalag XI-B de Fallinbostel. Este stalag, campo de prisioneiros de guerra, estaba situado preto de Hannover, no norte de Alemaña. A fins de 1940, estaban rexistrados aquí 40.000 prisioneiros de guerra, moitos deles nos Arbeitkommando (campos de traballo). Manuel foi rexistrado no campo como católico, solteiro e labrego. miniatura|Aviso de deceso enviado polo Goberno francés Trasladado a Gusen o 8 de abril de 1941, morreu alí o 10 de xaneiro de 1942, ás 2:45 horas. A causa da morte rexistrada foi insuficiencia circulatoria e inflamación pulmonar purulenta.
En 1951 as autoridades francesas enviaron o Aviso Oficial de Deceso a Manuel González, con domicilio en Madrid.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no Bolo Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis