A Good Girl's Guide to Murder é unha serie de televisión británica de suspense e misterio baseada na novela de 2019 de Holly Jackson, adaptada por Poppy Cogan, dirixida por Dolly Wells, e desenvolvida por Moonage Pictures e a emisora pública alemá ZDFneo para BBC Three. A serie, que consta de seis episodios, abrangue acontecementos do primeiro libro e foi estreada o 1 de xullo de 2024 en BBC iPlayer no Reino Unido, seguida da súa estrea en BBC Three o 10 de xullo. Estreouse internacionalmente en Netflix o 1 de agosto de 2024.

En novembro de 2024, renovouse para unha segunda tempada.

Sinopse Pip Fitz-Amobi (Emma Myers) non está satisfeita coa investigación do asasinato dunha estudante local e toma cartas no asunto, elaborando a súa propia investigación sobre o tema.

Personaxes Emma Myers como Pippa "Pip" Fitz-Amobi Kitty Anderson como Pip de nena Zain Iqbal como Ravi Singh Asha Banks como Cara Ward Raiko Gohara como Zach Chen Jude Morgan-Collie como Connor Reynolds Yali Topol Margalith como Lauren Gibson Yasmin Al-Khudhairi como Naomi Ward Henry Ashton como Max Hastings Carla Woodcock como Becca Bell Mathew Baynton como Elliot Ward Gary Beadle como Victor Amobi Anna Maxwell Martin como Leanne Amobi

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido