Antón Quindimil Rodríguez, nado en Abegondo o 23 de novembro de 1999, é un futbolista galego que xoga na posición de central. O seu equipo actual é a Unión Deportiva Melilla da Segunda Federación.
Traxectoria Tras comezar a súa carreira deportiva na base do Racing de Ferrol, en 2015 incorporouse ás categorías inferiores do Celta de Vigo. O 21 de xullo de 2018, xa concluída a súa formación, fichou pola Unión Deportiva Somozas da Terceira División. O 26 de agosto dese ano debutou e anotou o seu primeiro gol nunha vitoria por 4-0 ante o seu antigo equipo, o Racing de Ferrol.
Tras unha tempada con 35 participacións e 3 goles, en xullo de 2019 asinou polo Club Deportivo Lugo e foi asignado inicialmente ao Polvorín Fútbol Club, tamén na cuarta categoría. O 13 de setembro de 2020, Quindimil estreouse na Segunda División nun partido do Lugo contra o Club de Fútbol Fuenlabrada, onde foi substituto de Borja Domínguez. En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Club Deportivo Tenerife B da Terceira Federación.
En xullo de 2022 pasou a formar parte do Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación. Para a tempada 2023/24 regresou ao Somozas. Quindimil finalizou contrato en xaneiro de 2024 para incorporarse ao Fútbol Club La Unión Atlético. O 30 de maio de 2025 anunciouse a súa fichaxe pola Unión Deportiva Melilla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antón Quindimil en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores da UD Melilla