Manuel López González, nado en Arroyomolinos (Cáceres) o 17 de novembro de 1909 e finado en Estremadura en 1984, foi un mestre e político español.
Traxectoria Naceu en Arroyomolinos de Montánchez o 17 de novembro de 1909. Mestre en Atios (Valdoviño) dende 1932. Vivía en Atios coa súa nai Consuelo González e o seu irmán Alfredo, tamén mestre no Sequeiro. Militante da UGT. Formou parte do tribunal que xulgou as oposicións de oficial primeiro e auxiliar do concello de Valdoviño en xaneiro de 1935.La Voz de Galicia, 16-1-1935, p. 9. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado vogal da xestora municipal de Valdoviño e foi asesor do alcalde Frutos Burgos Ramos.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto e ingresado no Presidio da Escollera. Foi suspendido de emprego e soldo en agosto.BOP A Coruña, 13-8-1936, p. 2.El Pueblo Gallego, 14-8-1936, p. 4. O 24 de agosto foi posto a disposición da Xefatura de Policía de Ferrol xunto con José Ambrós Gordillo e Manuel López López. Nalgunhas fontes figura como asasinado en Ferrol a mans da "Fuerza Pública" o 25 de agosto de 1936, pero en realidade, xunto con José Ambrós, Manuel López e dous máis, embarcáronos nunha lancha con destino a Valdoviño coa desculpa de descubrir onde se agochaban as armas que as autoridades entregaran a poboación. Pero leváronos a Mugardos e entregáronos a un grupo de falanxistas que os foron matar na curva do Gaiteiro, preto do cemiterio de Laraxe. A Manuel ferírono na cabeza e logrou sobrevir. Andivo escapado por Soaserra. Agochouse un tempo en Vilar de Mouros (Cabalar, A Capela) coa axuda do mestre José Calvo García, ata que logrou volver en tren a Arroyomolinos acompañado do seu irmán Alfredo. Para despistar, a súa familia fixolle funerais en Valdoviño. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 4 de decembro de 1936 por auxilio á rebelión na causa 368/36. Foi reposto provisionalmente como mestre de Atios en decembro de 1938.El Compostelano, 15-12-1938, p. 1. En marzo de 1939 a Comisión Depuradora publicou unha requisitoria solicitándolle o seu domicilio para remitirlle o prego de cargos.BOP A Coruña, 13-3-1939, p. 1. En setembro de 1940 a Comisión Depuradora decreta a súa separación definitiva e baixa na escala.El Compostelano, 30-9-1940, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 15-10-1942, 3939-3940.
Estivo agochado en Arroyomolinos, pero foi mobilizado polo exército sublevado. Participou na guerra en servizos de Intentencia nas frontes de Teruel, Tarragona e Barcelona e rematou a guerra co grao de alférez de complemento. Opositou para policía secreta en Barcelona. Volveu a Estremadura e chegou a ser comisario xefe da policía de Mérida.
Recoñecementos
O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre."Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12. Vida persoal
Casou e tivo dous fillos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Valdoviño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1984