Arthur Graham Carey, nado en Boston, Massachusetts, o 5 de marzo de 1892 e finado en Fair Haven, Vermont, o 31 de agosto de 1984, foi un arquitecto, artista e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Arthur Graham Carey naceu o 5 de marzo de 1892 en Boston, o segundo dos catro fillos de Agnes Laura Mary Whiteside (1860-1932) e de Arthur Astor Carey"Arthur Astor Carey". Cuba Studies Program, Harvard University (Theharvardcubans.com). (1857-1923)."Arthur Graham Carey". Findagrave.com"Arthur Graham Carey". Familysearch.org
Pasou a súa infancia en Boston, nunha contorna familiar economicamente desenvolvida e proclive ás artes: o seu tataravó, John Jacob Astor, estaba considerado o home máis rico dos Estados Unidos cando morreu en 1848, e o seu pai foi un dos promotores da Sociedade de Artes e Oficios de Boston.Trutor, C. (2025).
Cursou os seus estudos superiores de Arquitectura na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1914.
Primeira guerra mundial Logo da súa graduación participou na primeira guerra mundial, inicialmente como voluntario formando parte durante tres anos do corpo de ambulancias do Exército Francés, primeiro na Alsacia e logo en Macedonia. Logo da entrada dos Estados Unidos no conflito en 1917, no corpo de Artillaría, onde ficou ata a fin da guerra, co rango de tenete. Foi condecorado en dúas ocasións e foi o primeiro estadounidense en recibir Cruz de Guerra ao valor.
Carreira artística e cultural Finalizada a contenda e de volta nos Estados Unidos, traballou no estudio de arquitectura Bigelow & Wadsworth, de Boston, e exerceu tamén a docencia de Filosofía da Arte en Harvard. A partir dese momento comezou unha carreira intelectual, dando multitude de conferencias sobre a súa concepción da arte cunha perspectiva católica. Colaborou tamén con abundantes artigos na publicación periódica The Catholic Art Quarterly, na que chegou a exercer como editor.
Simultaneamente iniciou unha etapa de creación artística, traballando, entre outros materiais, con madeira, vidro coloreado e con metais preciosos. Converteuse en socio da John Stevens Shop, especializada nas inscricións en pedra e daquela propiedade de John Howard Benson, con quen comezou a colaborar.
En 1942, mudouse coa súa familia a Benson, Vermont, onde puxo en marcha unha granxa. A zona era maioritariamente protestante, o que non facilitou a integración da súa familia; malia iso, promoveu a construción alí dunha igrexa católica, que chamou igrexa de Cristo Sol de Xustiza e que el mesmo deseñou, e intentou crear unha comunidades de artistas católicos, e desenvolver un activismo social, aínda que con escaso éxito.
Carey fixo algunha incursión como creador na medallística e na numismática. Entre outras, creou a medalla do Tricentenario de Harvard en 1936."Medal: Harvard Tercentenary, 1936". The Cleveland Museum of Art (clevelandart.org). Igualmente, xunto co seu socio na John Stevens Shop John Howard Benson, encargouse do deseño e o gravado da moeda de medio dólar conmemorativa do Tricentenario de Rhode Island, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos tamén en 1936."Providence, Rhode Island Tercentenary Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."½ Dollar Providence, Rhode Island Tercentenary". Numista.com
Publicacións
(1940). The Elements of Lettering (con John Howard Benson). J. Stevens, Newport.
Vida persoal Carey casou o 30 de agosto de 1920 con Elisabeth Foster Millet (1889-1955),"Obituaries: Graham Carey". en The Rutland Daily Herald. 27 de setembrode 1984.. a quen coñecera en Europa ao acabar a guerra. Estableceron a súa residencia inicialmente en Cambridge, Massachusetts, ata a súa instalación definitiva en Benson, e tiveron tres fillos: Joan, Hilda e Christopher.
Un ano despois do falecemento da súa primeira esposa casou en segundas nupcias con Eleanor Roxanne Price (1924-2024), coma el artista e socia da John Stevens Shop. Nesta época, Carey vendeu a súa granxa Sunrise Farm e residiu coa súa nova esposa en Newport, Rhode Istalnd, logo en Cambridge, Massachusetts, e novamente en Benson. Xuntos tiveron un fillo e unha filla: John e Felicity.
Arthur Grahan Grey finou en Fair Haven, Vermont, o 31 de agosto de 1984, aos 92 anos, e foi soterrado no cemiterio da igrexa católica do Cristo Sol da Xustiza, en Benson, Vermont.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Obituaries: Graham Carey". en The Rutland Daily Herald. 27 de setembrode 1984. Trutor, C. (2025). "A Man for All Seasons". En Vermont Magazine. 6 de agosto.
Ligazóns internas
Thomas Merton Correspondence with "Carey, Arthur Graham, 1892-1984"
Categoría:Nados en 1892 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Finados en 1984 Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XX Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Militares da primeira guerra mundial Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Personalidades sen imaxes