Alfredo López González, nado en Arroyomolinos (Cáceres) o 20 de outubro de 1911 e finado en San Cidre (Bergondo) o 19 de abril de 1974, foi un mestre e político español.

Traxectoria Naceu en Arroyomolinos de Montánchez o 20 de outubro de 1911. Mestre no Sequeiro (Valdoviño) dende 1933. Vivía en Atios coa súa nai Consuelo González e o seu irmán Manuel, tamén mestre en Atios. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en agosto.El Ideal Gallego, 26-8-1936, p. 3.BOP A Coruña, 27-8-1936, p. 1. Axudou o seu irmán fuxido Manuel para que puidese volver en tren de incógnito a Arroyomolinos. En xaneiro de 1941 a Comisión Depuradora publicou unha requisitoria solicitándolle o seu domicilio para remitirlle o prego de cargos.BOP A Coruña, 11-1-1941, p. 2. Como resultado do proceso de depuración en xuño de 1941 foi: suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado fora da provincia e inhabilitación para cargos directivos.BOP A Coruña, 25-6-1941, p. 2. Como consecuencia, foi nomeado mestre de Baio a finais de xuño.El Ideal Gallego, 27-6-1941, p. 3. Abandonou o ensino e dedicouse aos negocios en Estremadura. Finou nun accidente de tráfico no cruzamento de San Cidre o 19 de abril de 1974.La Voz de Galicia, 20-4-1974, p. 32.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Finados en accidente de tráfico