Santiago Domínguez Pérez, nado na Vilavella (A Mezquita) o 11 de agosto de 1920, foi un político galego.
Traxectoria Fillo do mestre Francisco Domínguez Guerrero. Obreiro do ferrocarril afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Verín o 27 de febreiro de 1937. Trasladado a Ourense, ingresou na Prisión Provincial de Ourense ao día seguinte. Xulgado na causa 166/37, foi absolto por minoría de idade, quedando a disposición do Delegado de Orde Pública de Ourense. Foi trasladado a Irún para un intercambio de presos o 28 de xuño de 1938. Foi un dos intercambiados polos 147 refuxiados na embaixada de Cuba en Madrid en novembro de 1938,La Vanguardia, 26-11-1938, p. 2. e pasou á zona leal.Ficha no Centro Documental da Memoria Histórica Coa caída de Cataluña en 1939 exiliouse en Francia. Pasou polo Campo de concentración de Argelès-sur-Mer e despois polo Campo de internamento de Vernet d'Ariège. Exiliouse en México.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Santiago Domínguez Pérez Ficha en Memoria da Coruña Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (D)
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos de México Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en ano descoñecido