Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O xentilicio é ou .
Historia Hai restos arqueolóxicos de diversas etapas: a cova dos Penedos (Fraiás, San Pedro) e os castros de Castro de Castelo (Castro de Ouro, O Salvador), Castro de Guilfrei (Galgao, San Martiño) e castro de Guillén (Goás, San Pedro).
Na zona habitaban o pobo prerromano dos zoelas, que tiñan a súa capital no poboado de Ocellum Gallaicorum (actual Ouselle). Por alí pasaba a vía romana que unía Lugo e Astorga.
O liño zoélico tiña sona en Roma, sendo usado para a confección de pezas de roupa e para a curación de chagas e feridas. Se ben xa non se cultiva na zona, aínda se conservan na comarca antigas teas e útiles usados na súa elaboración.
Xa na época medieval, creouse na zona o mosteiro bernardino de Santa María de Penamaior, único cenobio galego dependente da abadía de Císter. Desta época consérvanse sepulcros medievais en Lagoa, San Vicente.
En 1809, durante a Guerra da Independencia Española os guerrilleiros locais lograron apoderarse dun numeroso arsenal bélico francés preto da ponte sobre o río Cruzul.
En Becerreá publicáronse os periódicos El Monitor de Becerreá e El Adoptivo. Cultura popular Cóntase a seguinte lenda sobre a Ponte de Gatín, ou Ponte do Demo, unha ponte medieval -con numerosas modificacións posteriores- sobre o río Navia. Coma resulta habitual, existen variantes.
Disque foi construído polo demo tras un pauto cos veciños do lugar a cambio da alma do primeiro que cruzase a ponte. Corre outra versión que di que foi o demo, aparecido en forma de gato (e de aí o topónimo), quen se ofreceu a facerllo a unha muller preñada a cambio do meniño que ía nacer (ou foi ós veciños a cambio do primeiro que nacese no lugar, confiando en que sería ese meniño), pero o que naceu antes foi un gatiño, que foi o que os veciños entregaron ó demo. Aínda hai unha terceira versión: había dous mozos namorados que vivían un a cada lado do río. O mozo, para evitar a volta que tiña que dar para ir ver á noiva, fixo un pauto co demo (que se disfrazara de gato) polo que lle entregaría o primeiro fillo que tiveran a cambio de facerlles unha ponte. Cando a moza pariu, o mozo levoulle un gato metido nun saco, que o demo aceptou antes de abrilo, salvando así ó seu fillo.Secretos de Galicia III, La Voz de Galicia, 2022, pp. 62-63.Galiciamaxica.eu [visitado o 2.12.2025].
Poboación
Censo total 2987 (2015) Menores de 15 anos 207 (6,93 %) Entre 15 e 64 anos 1714 (57,38 %) Maiores de 65 anos 1064 (35,62 %)
Galería de imaxes
Lugares de Becerreá Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Becerreá vexa: Lugares de Becerreá.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Becerreá
Ligazóns externas concellobecerrea.es becerrea.net
Categoría:Becerreá