María Lamela Morado, nada en Vilalba o 21 de outubro 1991, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.

Traxectoria

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña, cun mestrado en reporteirismo televisivo pola Universidade Rei Xoán Carlos, además de formación en Arte Dramática. Gozou dunha bolsa Erasmus na Universidade italiana de Téramo.

Traballou na TVG e en Telemadrid (enviada especial ao Mundial de Fútbol de 2018), Telecinco (informativos), Cuatro (Crónica Cuatro), TVE e LaSexta. Foi redactora en UMO Magazine, e traballou en Ryanair, Movistar e Mediaset.

Durante oito anos combinou o traballo de reporteira e investigadora en Atresmedia, participou en Liarla Parla e copresentou Más vale tarde.

Na TVG presentou o reality Salvaxe e conduciu Hora Galega as fins de semana.

En febreiro de 2026 converteuse na presentadora do reality Supervivientes de Telecinco.

Obra

Microdramas. Peripecias arriesgadas de las reporteras más kamikazes de la TV (2024). Con Marina Valdés. Ediciones Martínez Roca. 296 páxs. ISBN 978-84-270-5289-5.

Notas

Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes