Ognjen Teofilović (no alfabeto cirílico serbio: Огњен Теофиловић), nado en Belgrado o 19 de setembro de 2006, é un futbolista serbio que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria Comezou a súa formación nas categorías inferiores do Estrela Vermella de Belgrado. En 2018 pasou a formar parte do FK Čukarički, un ano despois ingresou no FK Brodarac e posteriormente xogou nos equipos xuvenís do FK 011 e do FK Voždovac. No ano 2023 asinou o seu primeiro contrato profesional co FK TSC e comezou a adestrar co primeiro equipo.

Teofilović regresou ao Estrela Vermella en 2024 cun novo contrato de dous anos. Debido ao compromiso de varios futbolistas coas seleccións nacionais, en marzo de 2025 o adestrador Vladan Milojević convocou 12 xogadores xuvenís para unirse ao equipo sénior, incluído Teofilović. O seu debut tivo lugar nun encontro da rolda de dezaseisavos da Copa de Serbia perante o OFK Belgrado. No minuto 83, Teofilović e o seu compañeiro Uroš Tegeltija estreáronse co primeiro equipo e entraron como substitutos de Strahinja Stojković e Bruno Duarte.

O 3 de setembro de 2025, Ognjen Teofilović asinou un contrato de catro tempadas co Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ognjen Teofilović en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores do CD Lugo