Jaume Jardí Poyato, nado en Reus o 7 de abril de 2002, é un futbolista catalán que xoga na posición de extremo dereito ou dianteiro. O seu equipo actual é o Gimnàstic de Tarragona da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Barcelona Comezou a súa formación na Escola de Fútbol La Pastoreta e no Club Esportiu Santes Creus. No ano 2012 ingresou na base do Club de Futbol Reus Deportiu e en 2016 pasou a formar parte das categorías inferiores do Fútbol Club Barcelona. Foi considerado unha revelación do equipo xuvenil catalán, anotando 13 goles nos seus primeiros 8 partidos.

En xaneiro de 2020 Jaume Jardí e o seu compañeiro Xavier Mbuyamba adestraron co equipo sénior do Barcelona. O 17 de xaneiro de 2021 debutou co Barcelona Atlètic nun partido de Segunda División B contra o Gimnàstic de Tarragona, onde foi substituto de Jandro Orellana. Na súa última tempada no Barcelona foi capitán do conxunto xuvenil.

Real Madrid En 2021 Jaume Jardí rexeitou unha oferta de renovación co Barcelona e asinou un novo contrato co Real Madrid. Foi asignado ao Real Madrid Castilla e converteuse no primeiro xogador en pasar do filial barcelonés ao madrileño desde 2013, cando Kiko Femenía realizou este movemento.

Cesión ao Racing de Ferrol En xullo de 2023 Jardí foi cedido por unha tempada ao Racing de Ferrol da Primeira Federación. O 27 de maio de 2023 anotou os dous goles nunha vitoria por 2-0 perante o Celta Fortuna que certificou o regreso do Racing á Segunda División tras 15 anos.

Gimnàstic de Tarragona O 28 de xullo de 2023 anunciouse a fichaxe de Jardí polo Gimnàstic de Tarragona cun contrato de tres anos.

Traxectoria internacional No ano 2020 Jardí foi convocado para a selección de fútbol sub-18 de España, xogando un total de tres partidos. O 18 de novembro de 2025 debutou coa selección de fútbol de Cataluña nun encontro amigábel perante Palestina que finalizou cunha vitoria 2-1 para o conxunto catalán.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jaume Jardí en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Reus Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña