miniatura|Lanzamento do Yaogan 41. Yaogan (en chinés "satélite de observación remota"), coñecido tamén coa súa denominación militar Jianbing ou Jian Bing, é unha serie de satélites de recoñemento da República Popular da China cunha variedade de sensores, misións e capacidades de recoñecemento e que empezaron a lanzarse en 2007.

Características Os satélites Yaogan teñen en común ser satélites de recoñecemento ao servizo de China, pero por outra banda veñen en diferentes e usan diferentes sensores segundo a familia á que pertenzan dentro da serie Yaogan.

Yaogan 1, 3 e 10 Os Yaogan 1, 3 e 10 foron lanzados mediante foguetes CZ-4C a órbitas duns 600 km de altura en 2006, 2007 e 2010. Foron os primeiros satélites chineses en usar radar de apertura sintética e foron construídos por SAST, cunha masa de 2700 kg cada un. A banda de radar que usan e a súa resolución son descoñecidos.

Yaogan 2, 4, 7, 11, 24 e 30 Fabricados por CAST, foron lanzados mediante foguetes CZ-2D entre 2007 e 2016 como complementos ópticos aos Yaogan 1, 3 e 10. Como particularidade, despois do lanzamento de Yaogan 30 lanzáronse catro tripletes de pequenos satélites que traballaron conxuntamente con este.

Yaogan 5, 12 e 21 Foron satélites ópticos lanzados mediante foguetes CZ-4B entre 2008 e 2014. Xunto con Yaogan 12 lanzouse outro satélite adicional, TX 1, e xunto con Yaogan 21 lanzouse o Tiantuo 2. Usaban o bus Phoenix-Eye-2 e foron construídos por CAST.

Yaogan 6, 13, 18 e 23 Os catro satélites foron lanzados mediante foguetes CZ-2C entre 2009 e 2014. Eran satélites de observación mediante radar e foron fabricados por SAST.

Yaogan 8, 15, 19, 22 e 27 Os cinco foron lanzados mediante foguetes CZ-4C entre 2009 e 2015, sendo satélites ópticos de nova xeración. Tiñan unha masa duns 1040 kg e postos en órbitas duns 1200 km de altura.

Yaogan 9, 16, 17, 20, 25 e 31 Lanzados mediante CZ-4C entre 2010 e 2021, en cada lanzamento en realidade enviábanse tres satélites a órbita, sendo equivalente aos satélites NOSS para localización por triangulación.

Yaogan 14 e 28 Lanzados mediante CZ-4B en 2012 e 2015, son satélites ópticos co bus Phoenix-Eye-2 enviados a órbitas duns 400 km sobre a superficie terrestre.

Yaogan 26 Yaogan 26 foi un satélite de recoñecemento electroóptico lanzado o 27 de decembro de 2014 mediante un foguete CZ-4B a unha órbita duns 480 km arredor da Terra.

Yaogan 29, 33 e 33R Yaogan 29 foi o reemprazo de Yaogan 1, mentres que do Yaogan 33 lanzáronse catro submodelos, o primeiro dos cales (Yaogan 33-01) fallou en chegar a órbita, sendo substituído por Yaogan 33-01R.

Yaogan 30-01 a 30-10 Tamén coñecidos como CX 5, foron satélites lanzados en tripletes mediante foguetes CZ-2C, posiblemente coa misión de interceptar comunicacións e sinais doutros países e en especial de buques. Cada membro do triplete en órbita está separado 120° dos outros dous membros. Foron lanzados entre 2017 e 2021.

Yaogan 32-01 e 32-02 Lanzados en 2018 e 2021 mediante CZ-2C, cada lanzamento en realidade poñía dous satélites en órbita. Estaban destinados á detección e análise de sinais.

Yaogan 34 Yaogan 34 é unha serie de catro satélites de recoñecemento óptico lanzados entre 2021 e 2023 usando foguetes CZ-4C. Son usados tamén con aplicacións civiles.

Yaogan 35-01A/B, 35-02A/B, 35-03A/B, 35-04A/B e 35-05A/B Dobletes de satélites lanzados entre 2021 e 2022 con foguetes CZ-2D, cada doblete lanzado xunto con un Yaogan 35, con misión descoñecida.

Yaogan 35-01C, 35-03C, 35-03C, 35-04C, 35-05C Os Yaogan 35-01C foron lanzados mediante foguetes CZ-2D entre 2021 e 2022 con fins descoñecidos e xunto cos dobletes dos Yaogan 35 A e B.

Yaogan 36-01A/B, 36-02A/B, 36-03A/B, 36-04A/B Ao igual que os Yaogan 35 A e B, foron lanzados en dobletes usando foguetes CZ-2D entre 2022 e 2023 xunto cun satélite Yaogan 35 da serie C. O seu propósito é descoñecido.

Yaogan 36-01C, 36-02C, 36-03C, 36-04C Lanzados xunto con dobletes dos satélites Yaogan 36 A e B, con fins descoñecidos.

Yaogan 37 O Yaogan 37 foi lanzado o 13 de xaneiro de 2023 mediante un foguete CZ-2D con finalidade descoñecida.

Yaogan 39-01A/B, 39-02A/B, 39-03A/B, 39-04A/B, 39-05A/B Dobletes de satélites orbitados con lanzadores CZ-2D en 2023 xunto con Yaogan 39 da serie C. Finalidade descoñecida.

Yaogan 39-01C, 39-02C, 39-03C, 39-04C, 39-05C Satélites lanzados xunto cos dobletes dos satélies Yaogan 39 A e B. Finalidade descoñecida.

Yaogan 40-01 Os satélites da serie Yaogan 40-01 son lanzados en tripletes mediante vectores CZ-6A, o primeiro triplete en 2023. Non se coñece a súa finalidade exacta, aínda que parecen ser satélites para detección de sinais.

Yaogan 41 O único satélite Yaogan 41 foi lanzado o 15 de decembro de 2023 mediante un foguete CZ-5, posiblemente coa misión de detectar e analizar sinais.

Yaogan 42 Serie formada por dous satélites lanzados no mesmo foguete CZ-2D o 2 de abril de 2024, posiblemente para detección e análise de sinais.

Yaogan 43 Os Yaogan 43 están formado por unha variedade de satélites para facer probas militares no espazo. Son lanzados en grandes grupos, o primeiro deles, de nove satélites á vez, o 16 de agosto de 2024 mediante un CZ-4B, co segundo grupo de seis o 3 de setembro dese mesmo ano e un terceiro grupo de tres o 23 de outubro mediante un CZ-2C.

Yaogan 45 O único Yaogan 45 foi lanzado o 9 de setembro de 2025 mediante un CZ-7A. Posiblemente adicado a detección e análise de sinais.

Yaogan 46 O Yaogan 46 foi lanzado o 3 de novembro de 2025 mediante un CZ-7A, posiblemente tamén adicado a detección e análise de sinais.

Yaogan 47 O Yaogan 47 foi lanzado o 9 de decembro de 2025 mediante un CZ-4B. Leva a bordo unha cámara para a observación da superficie terrestre.

Yaogan 50 1 e 2 O Yaogan 50 1 foi posto nunha órbita inusulamente retrógrada (143° de inclinación orbital) o 13 de xaneiro de 2026 mediante un foguete CZ-6A. Posiblemente leva un radar a bordo, ao igual que o Yaogan 50 2, lanzado o 15 de marzo de 2026.

Historial de lanzamentos