As Cortes republicanas, oficialmente denominadas Cortes (tamén denominadas Congreso dos Deputados), foron a lexislatura unicameral da Segunda República Española entre o 14 de xullo de 1931 e febreiro de 1939.Aínda que continuaron a se reuniren, no exilio, despois do final da Guerra Civil. Durante a guerra civil reuníronse de forma intermitente en Valencia e Cataluña e, despois da guerra, aínda continuaron a se reuniren en varias ocasións, no exilio, sendo en 1945 a derradeira.

Historia Tras as eleccións constituíntes de 1931, as Cortes, encargadas da elaboración dunha nova Constitución, foron inauguradas o 14 de xullo de 1931. A composición da cámara no período constituínte foi dominada polos partidos de centro e esquerda, a maioría republicano-socialista. O socialista Julián Besteiro foi o primeiro presidente das Cortes, primeiro interino e despois elixido definitivamente o 28 de xullo de 1931. O 1 de outubro de 1931 a Cámara aprobou o artigo constitucional que consagraría o sufraxio feminino con 161 votos favorábeis e 121 en contra. A Constitución de 1931 foi aprobada o 9 de decembro de 1931 con 368 votos a favor e ningún en contra (ausentáronse 89 deputados de dereita). O texto regulou a figura da Deputación Permanente, coa función de asumir as funcións da cámara parlamentaria durante as parénteses desta. En xullo de 1933 a cámara aprobou unha lei electoral que acentuaría a prima ás maiorías que xa introducira a lexislación promulgada polo Goberno provisional antes da celebración das primeiras eleccións de 1931.

As eleccións de 1933, celebradas xa baixo a nova lexislación, deron lugar a un cambio parlamentario e a unha Cámara coa dereitista CEDA como grupo parlamentario máis numeroso. Abertas o 8 de decembro de 1933, as novas Cortes elixiron de maneira provisional como presidente da Cámara ao radical Santiago Alba. En novembro de 1934 aprobouse o cambio do regulamento das Cortes.

As eleccións de 1936, tamén desenvolvidas coa lei electoral de 1933, deron unha maioría parlamentaria á Fronte Popular, de esquerdas. O republicano Diego Martínez Barrio foi elixido presidente da Cortes.

Durante o trascurso da guerra civil, as Cortes non se volveron reunir en Madrid e convertéronse en itinerantes. Celebraron en outubro do 1937 sesións en Valencia (no edificio do Concello e na Llotja de la Seda) e en 1938 no mosteiro de Montserrat (febreiro) e, o 1 de outubro en San Cugat. Xa preto do fin do conflito, as Cortes, camiño do exilio, celebraron a súa última sesión en territorio español o 1 de febreiro de 1939 no castelo de Sant Ferran de Figueres.

Unha vez acabada a guerra civil e instaurada a ditadura de Francisco Franco en todo o territorio español en 1939, as Cortes republicanas seguíronse a reunir no exilio. Eleccións miniatura|200x200px|Distribución de escanos na I Lexislatura da II República. miniatura|200x200px|Distribución de escanos na II Lexislatura da II República. miniatura|200x200px|Distribución de escanos na III Lexislatura da II República.

Circunscricións electorais A lexislación de maio de 1931 introducida polo Goberno provisional modificou o Decreto de 8 de agosto de 1907 e os distritos da Restauración por circunscricións provinciais. A excepción foron as capitais de provincia con poboación superior aos 100 000 habitantes, que se constituíron como circunscricións independentes á provincial. Ademais, Cartaxena, Ceuta e Melilla tamén conformaron circunscrición. As eleccións de 1931 efectuáronse, por tanto, con 63 circunscricións.

A lei electoral de 1933 estabeleceu en 150 000 habitantes a poboación necesaria dunha capital de provincia para constituírse como circunscrición independente da provincial. Así, perderon a condición de circunscrición as capitais de Córdoba e Granada. A circunscrición de Cartaxena empregada en 1931 integrouse na da provincia de Murcia para as eleccións de 1933 e 1936. Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións xerais de España de 1931 Eleccións xerais de España de 1933 Eleccións xerais de España de 1936 Cortes da Restauración Cortes franquistas Cortes Xerais

Categoría:Segunda República Española