Gustavo Adrián López Pablo, nado en Valentín Alsina (Lanús, provincia de Buenos Aires) o 13 de abril de 1973, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria O director técnico Ricardo Bochini fíxoo debutar en primeira división o 1 de decembro de 1991 fronte a Boca Juniors (o partido terminou 1-1). Comezou a súa carreira con éxitos e grandes actuacións, pero co paso do tempo decaeu ata que en 2003 deixou de participar na súa selección nacional.

Nos seus comezos no Independente reunía tres elementos claves para ser adorado pola afección: grandes calidades técnicas, ter xurdido das divisións inferiores e ser afeccionado do club. Por iso, no pouco tempo que estivo no club converteuse nun referente histórico. E tamén polas grandes alegrías que proporcionou. Antes de partir para España, gañou catro títulos co equipo de Avellaneda.

No mercado de fichaxes de inverno da temporada 1995/1996 recaeu no Real Zaragoza para xogar na liga española. O equipo aragonés pagou por el uns 420 millóns de pesetas, polo que se converteu na fichaxe máis cara do club ata ese momento. O traspaso estivo a piques de truncarse, xa que a Gustavo López detectóuselle alto risco de lesión no xeonllo esquerdo no recoñecemento médico. Finalmente, a operación realizouse ó aceptar Independente facer unha póliza de seguro que cubrise calquera posible lesión irreversible.

Para a temporada 1999/2000 foi transferido ó Real Club Celta de Vigo a cambio de 400 millóns de pesetas. Co equipo galego consagrouse como futbolista de gran nivel en Europa, chegando a ser pretendido por outros clubs máis poderosos.

Ata a temporada 2006/2007 seguiu como xogador do Real Club Celta de Vigo, sendo un dos capitáns e un futbolista moi querido pola afección. Trala fin da devandita campaña, que rematou co descenso do Celta á segunda división, o club e Gustavo non acadaron un acordo para a renovación, malia a que o xogador expresara o seu desexo de rematar a súa carreira deportiva en Vigo.

Tras coñecerse que o club descartara toda posibilidade de renovación do xogador, a afección mobilizouse e recolléronse arredor de mil sinaturas para presentar á directiva do Celta esixíndolle a continuidade de Gustavo no equipo vigués.

Selección nacional

Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina contra Iugoslavia (1-0) a finais de 1994. Xogou un total de 37 partidos coa 'albiceleste'.

Ademais, disputou os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, a Copa América 1999 e o Mundial 2002.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesIndependientePrimeira División1991/1992182IndependientePrimeira División1992/1993304IndependientePrimeira División1993/1994101IndependientePrimeira División1994/199571IndependientePrimeira División1995/199691Real ZaragozaPrimeira División1995/1996182Real ZaragozaPrimeira División1996/1997334Real ZaragozaPrimeira División1997/1998221Real ZaragozaPrimeira División1998/1999325Celta de VigoPrimeira División1999/2000326Celta de VigoPrimeira División2000/2001345Celta de VigoPrimeira División2001/2002293Celta de VigoPrimeira División2002/2003331Celta de VigoPrimeira División2003/2004302Celta de VigoSegunda División2004/2005331Celta de VigoPrimeira División2005/2006151Celta de VigoPrimeira División2006/2007313Cádiz CFPrimeira División2007/2008332

Palmarés

Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoTorneo ClausuraIndependienteArxentina1994

Copas internacionais TítuloClubRexiónAnoSupercopa SuramericanaIndependienteSuramérica1994Supercopa SuramericanaIndependienteSuramérica1994Recopa de EuropaIndependienteSuramérica1995Medalla de PrataSelección ArxentinaXogos Olímpicos1996Copa IntertotoCelta de VigoEuropa2000

Distincións Individuais DistinciónAnoRei do fútbol de América (3º posto)1994

Participacións en Torneos Internacionais TorneoAnoXogos Olímpicos1996Copa América1999Copa Mundial2002

Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Arxentina Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002