A Yinghuo 1 foi unha sonda espacial chinesa lanzada o 8 de novembro de 2011 mediante un foguete Zenit-2FG desde o Cosmódromo de Baikonur acaroada a Phobos-Grunt e que debía ser a primeira sonda chinesa en chegar a Marte.
Características A Yinghuo 1 foi deseñada para separarse de Phobos-Grunt unha vez que esta chegara a Marte. O fracaso de Phobos-Grunt en acender os seus motores para partir cara o planeta vermello unha vez en órbita baixa terrestre fixo que reentrara na atmosfera terrestre unhas semanas máis tarde, o 15 de xaneiro de 2012, condenando á sonda chinesa.
Se todo tivese ido ben, Yinghuo 1 teríase insertado nunha órbita altamente excéntrica arredor de Marte para estudar o vento solar arredor do planeta, a magnetocola, a capa de plasma rodeando Marte e a fronte de choque entre o planeta e o vento solar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Zenit-2FG Fobos-Grunt
Categoría:Sondas espaciais