Yutu 2 (coello de xade 2, en lingua chinesa) foi un róver chinés baseado no róver Yutu e lanzado o 7 de decembro de 2018 acaroado á sonda Chang'e 4 mediante un foguete CZ-3B desde o Centro de lanzamento de Xichang para explorar a superficie da Lúa.

Características Yutu 2 tiña unha masa de 140 kg e foi despregado na superficie lunar polo aterrizador Chang'e 4 para explorar a contorna do punto de aterraxe, na cara oculta da Lúa, no interior do cráter Von Karman. Foi construído por CAST (China Academy of Space Technology), tiña seis rodas e estaba alimentado por paneis solares que lle permitían funcionar durante o día lunar, mentres que pola noite o róver permanecía inactivo e quentado mediante dispositivos radioactivos (RHU, Radioactive Heater Unit) para evitar a deterioración da electrónica. Tiña un corpo rectangular de 1,1 x 1,5 x 1,0 m, sen o brazo robótico que si tiña Yutu 1. Levaba a bordo cámaras panorámicas para obter imaxes tridimensionais e estudar a xeoloxía da zona, un radar para investigar o subsolo, un espectrómetro infravermello e un dector de neutróns e radiación.

O róver foi despregado doce horas despois da aterraxe Chang'e 4, o 8 de decembro ás 18:23 UTC e leva traballando na superficie, recollendo información científica, desde entón.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-3B Chang'e 3 Yutu

Categoría:Sondas espaciais