A igrexa de San Bernabeu da Valenzá é un templo relixioso situado na parroquia da Valenzá (Barbadás). Está dedicada ao apóstolo Bernabeu, e no lintel da porta maior sinálase a data da súa consagración, 1576. Descrición Ten planta única orientada ao norte. A porta principal ten un arco de medio punto. Na esquina dereita hai un reloxo de sol. Na espadana está o campanario, rematado en pináculo cunha pequena cruz, con tres vans, os dous inferiores con campás.

A nave principal está dividida por un arco de medio punto. O coro reformouse en 1957. O retablo, de estilo barroco e construído en 1681, foi restaurado en 1969. No centro está o Sagrario e a imaxe de Bernabeu, co Divino Cristo no ático. Hai catro imaxes da Virxe do Carme, san Ramón, Antón de Padua e Roque de Montpellier.

Logo do concilio Vaticano II, en 1969 o párroco José Soto Losada pediulle licenza ao bispo Ángel Temiño Sáiz para reformar o templo, colocando o altar cara aos fieis. O bispo reinaugurou o templo o 18 de outubro dese ano coa consagración do novo altar maior.

No lado dereito hai unha capela dedicada a Xoán o Bautista, construída cara a 1584 polo capitán Tomás Rodríguez Punxín,

Notas

Valenzá Categoría:Barbadás