Aiko el grupo é unha banda española de punk pop e indie pop formada en Santander en 2019. O conxunto está integrado por Teresa Iñesta (Camargo, 1996), Lara Miera (Maliaño, 1996) e Bárbara López (Lucena, 1996).
A súa música combina elementos do riot grrrl, o o‑fi e o pop de guitarras, caracterizándose por cancións breves, letras irónicas e unha estética deliberadamente desenfadada. Desde o seu debut, publicaron varios EP e dous álbums de estudio, e recibiron atención da crítica especializada dentro da escena independente española.
Historia
Orixes e formación (2019–2020) Aiko el grupo naceu tras unha noite na que Iñesta, Miera e López, amigas desde facía anos, decidiron iniciar un proxecto musical conxunto. Compartían influencias do indie pop, o punk e o movemento riot grrrl. A chegada do batería Jaime Acosta completou a formación e consolidou un son máis cohesionado.
Primeiras actuacións e fichaxe (2020–2022) Tras os seus primeiros concertos en Madrid, o grupo comezou a chamar a atención no circuíto independente. O seu estilo directo e a súa estética desenfadada atraeron ao selo Elefant Records, que os incorporou ao seu catálogo e permitiulles gravar e distribuír as súas primeiras cancións con maior alcance.
Recoñecemento nacional e expansión (2023–presente) A partir de 2023, a banda experimentou un notable crecemento nos medios. Medios especializados describíronos como unha das bandas revelación do momento, destacando a súa capacidade para esgotar entradas en cidades como Madrid e Barcelona, así como a súa presenza en festivais e colaboracións con grupos como shego, Mujeres, Triángulo de Amor Bizarro e Axolotes Mexicanos.
Estilo musical e influencias Aiko el grupo fusiona elementos do punk-pop, o indie pop, lo‑fi e o rrriot punk. As súas cancións caracterízanse por guitarras rápidas e distorsionadas, melodías vocais múltiples, letras irónicas e humorísticas e unha produción crúa e inmediata. A crítica sinalou influencias de bandas como Le Tigre, Joanna Gruesome ou Comet Gain.
Membros
Teresa Iñesta – guitarra e voces Lara Miera – guitarra e voces Bárbara López – teclado e voces
Ex membros
Jaime Acosta – batería e voces (2020-2023) Mariano Rajoy (2026) Pedro Sánchez (2026)
Discografía
Álbums de estudo
Va totalmente en serio… (2020) Me están apuntando con un arma (2023)
Notas
Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 2019