Ummagumma é un álbum parcialmente de estudio e parcialmente en directo da banda británica de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 7 de novembro de 1969 a través do selo Harvest Records.Povey 2007, p. 115 É un álbum dobre onde o primeiro disco consta de gravacións en directo de concertos no Mothers Club en Birmingham e no College of Commerce en Manchester que contiñan parte da súa lista de cancións habitual da época, mentres que o segundo contén composicións en solitario de cada membro da banda gravadas nos estudios EMI, conformando o cuarto álbum de estudio de Pink Floyd.Povey 2007, p. 74Alistair Lawrence (2012). Abbey Road: The Best Studio in the World. A&C Black. p. 14. ISBN 9781408832417 A portada foi deseñada polos colaboradores habituais de Pink Floyd, Hipgnosis, e presenta varias imaxes da banda combinadas para darlle un efecto Droste.
O título do álbum supostamente provén da xerga de Cambridge para sexo,Schaffner 2005, p. 157Manning 2006, p. 160 usada habitualmente por Iain "Emo" Moore, amigo de Pink Floyd e ocasional roadie, que dicía: "Vou volver á casa para un pouco de ummagumma". Segundo Moore, inventouse o termo el mesmo.Blake 2008, p. 137 O batería Nick Mason dixo máis tarde que o álbum foi titulaba así "porque soaba interesante e agradable".Guesdon & Margotin 2017, p. 182
Aínda que Ummagumma tivo unha boa acollida no momento do seu lanzamento e chegou ao top 5 das listas de álbums do Reino Unido, co paso do tempo a crítica e mesmo a propia banda valorárono de maneira pouco favorable, expresando opinións máis ben tépedas en entrevistas. O álbum foi reeditado en CD varias veces, xunto co resto do seu catálogo.
Listaxe de cancións älbum ao vivo
Álbum de estudio
Notas
Bibliografía
Categoría:Álbums de Pink Floyd Categoría:Álbums musicais de 1969 Categoría:Álbums producidos por Norman Smith Categoría:Álbums producidos por Nick Mason Categoría:Álbums de Harvest Records