XI: Bleed Here Now é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore ...And You Will Know Us by the Trail of Dead, publicado o 15 de xullo de 2022 a través do selo Dine Alone Records. O disco conta coa colaboración de Britt Daniel, vocalista e guitarrista de Spoon, no tema "Growing Divide", e de Amanda Palmer en "Millennium Actress". Trátase do álbum máis longo e menos encorsetado da carreira do grupo, mostrando unha gran variedade de estilos que van dende o "pop beatleriano" ao hardcore pasando polo rock psicodélico.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de ...And You Will Know Us by the Trail of Dead Categoría:Álbums musicais de 2022