A igrexa de Santa María de Beariz é o templo parroquial de Beariz, no concello do mesmo nome, baixo a advocación da Virxe María. Construíuse entre 1612 e 1620, financiada por Domingo de Castro, pero tivo diversas reformas e arranxos.
Arquitectura esquerda|miniatura|Vista do templo.
Ten nave con bóveda de canón con claraboia no centro e tres arcos de medio punto. A sancristía foi construída por Carlos da Riva en 1704.
A torre-campanario de planta cadrada con balaustrada, construíuna José Cerviño González (O Pepe da Pena) no último cuarto do século XIX. Ten dous corpos superpostos en diminución ascendente,cunha bóveda apuntada e un pequeno pináculo. Na fachada hai unha figura da Virxe María, patroa do templo.
A ábsida é cuadrangular con catro nervios, un desde cada esquina, con cadanseu evanxelista, e dende estas figuras saen outros nervios que conflúen no centro onde está a imaxe de Xesús de Nazaret cos apóstolos.
No seu interior destaca un retablo barroco, obra de Francisco de Vega en 1732, coa pintura orixinal e o dourado feito por Ignacio González en 1754. Tamén destaca unha cruz procesional de prata realizada polo ourive compostelán Xurxo Cerdeira no ano 1700. Consérvase o retablo barroco orixinal, de madeira de castiñeiro, deseñado por Francisco de Vega.
Notas
Categoría:Beariz Beariz Beariz