A tempada 2004-2005 da Naisten SM-sarja foi a 23ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. Ao finalizar a tempada as Blues revalidaron o título conquistado na tempada precedente, gañando así o quinto campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-0) ás xogadoras do Ilves de Tampere. Pola súa banda as Kärpät de Oulu conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás xogadoras do IHK no partido polo bronce (7-5).
Equipos participantes NomeCidadeBlues EspooIlves TampereIHK HelsinquiJyväskylä Hockey Cats JyväskyläKärpät OuluTappara Tampere
Liga regular Ao principio da tempada xogouse unha liga regular en formato de liga todos contra todos na que cada equipo xogou un total de 22 partidos. A claificación final determinou os dous equipos que se clasificaron directamente para as semifinais, así como os cruces dos outros catro equipos.
Pos. Equipo PX V OTW E OTL D GF GC DG Pts1Blues 20 19 0 0 0 1 99 29 +70 382Ilves 20 17 0 0 0 3 101 30 +71 343Kärpät 20 10 0 0 0 10 57 54 +3 204IHK 20 8 0 0 0 12 65 80 -15 165Tappara 20 2 0 2 0 16 30 88 -58 66Cats 20 2 0 2 0 16 32 103 -71 6
Estatísticas das xogadoras miniatura|Karoliina Rantamäki (nunha imaxe de 2008) foi a máxima puntuado e goleadora na liga regular Líderes de anotación
XogadoraEquipo1 Karoliina Rantamäki Blues2118392 Saara Tuominen Ilves1423373 Mari Pehkonen Ilves1914334 Anne Helin IHK1412265 Eveliina Similä Ilves1311246 Sari Fisk Blues1113247 Johanna Koivula Ilves1211238 Oona Parviainen Blues1210229 Marjo Voutilainen Blues7152210 Mari Saarinen Ilves13821
Play-offs As series polo título decidíronse entre os seis equipos participantes. As as eliminatorias de cuartos e semifinais se disputaron ao mellor de tres partidos, mentres que as finais disputáronse ao mellor de cinco partidos, e o partido polo bronce, disputouse a partido único.
Equipo campión O equipo das Blues que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2004-05 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Blues Porteiras: Heidi Wiik, Heidi Virtanen, Mia Kataja
Patinadoras: Karoliina Rantamäki, Sari Fisk, Oona Parviainen, Marjo Voutilainen, Essi Hallvar, Petra Vaarakallio, Emma Laaksonen, Pia Lallukka, Satu Tuominen, Johanna Pelkonen, Marika Jestoi, Anna Julin, Päivi Halonen, Emma Toivanen, Hanna Kuoppala, Kati Kivimaa, Katariina Soikkanen </div>
Promoción Nesta tempada, os dous equipos eliminados nos cuartos de final (Tappara e Cats) disputaron un play-off de dúas roldas pola permanencia. Na primeira rolda ambos equipos enfrontáronse entre eles nunha eliminatoria ao mellor de tres partidos, o gañador mantivo a categoría, mentres que o perdedor disputou unha eliminatoria máis fronte o campión da segunda categoría..
Primeira rolda
Cats gañan a serie e se mantéñense na categoría.
Segunda rolda
Tappara gaña a serie e se mantén a categoría.
Notas
2005 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2005 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2004